Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Plataforma para a Defensa da Sanidade do Rosal convoca á veciñanza a unha concentración este mércores 8

A mobilización será ás 12.00 horas diante do Centro de Saúde como medida de protesta ante a falta de resposta da Consellería de Sanidade ante o deterioro da asistencia sanitaria no municipio

A mobilización será ás 12.00 horas diante do Centro de Saúde como medida de protesta ante a falta de resposta da Consellería de Sanidade ante o deterioro da asistencia sanitaria no municipio

Fecha: 07 de Julio de 2020

Fuente: Concello do Rosal

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal convoca á veciñanza a participar na concentración que se celebrará este mércores 8 de xullo ás 12.00 horas diante do Centro de Saúde como medida de protesta ante a falta de resposta por parte da Consellería de Sanidade ante as reiteradas denuncias sobre o deterioro da asistencia primaria no municipio. Dende o Concello anímase a todos os veciños e veciñas a secundar esta convocatoria e a participar na concentración.

A través desta mobilización reivindicarase que se cubran as vacacións dos facultativos para evitar que o centro de saúde quede tan só con dúas médicas durante os meses de verán, nos que o aumento da poboación agravará unha situación xa precaria. Na actualidade as citas de atención primaria teñen unha demora media de 20 días e é imposible atender as consultas domiciliarias, co conseguinte deterioro e perigo para a saúde das persoas enfermas encamadas e dependentes.

Tamén se reclama que se dea solución aos problemas de transporte dos enfermos crónicos que precisan desprazarse ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo a realizar tratamentos e que nestes intres están a ser trasladados sen atender ás medidas de seguridade para evitar contaxios, poñendo así en risco a súa saúde.

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal tamén reivindica que se dea resposta ao resto de problemas recollidos nun informe presentado ante a Consellería de Sanidade, no que se denuncia a insuficiencia de persoal facultativo ou as carencias en espazos e equipamentos e no que se pide a recuperación dos servizos trasladados cando a situación provocada pola pandemia da COVID-19 o permita.

Todas as persoas asistentes deberán levar máscara e manter en todo momento a distancia de seguridade.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones