Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal denuncia un paso máis no deterioro do servizo de Atención Primaria

A Plataforma sinala que a situación na que está este servizo no concello vese agravada agora pola falta de pediatra

A Plataforma sinala que a situación na que está este servizo no concello vese agravada agora pola falta de pediatra

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Mayo de 2021

Fuente: Concello de O Rosal

A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal denuncia que o servizo de Atención Primaria dos concellos do Baixo Miño leva xa anos nunha situación de precariedade provocada principalmente pola falta de medios persoais e deficiencias nas  instalacións. Concretamente no caso do Rosal, o persoal sanitario atende a un número de pacientes que supera as recomendacións dos colexios médicos e da OMS.

Coa pandemia, as carencias de espazo e de dotación material do Centro de Saúde obrigaron a desprazar á Guarda o servizo de pediatría e a pechar a consulta de San Miguel. A implantación ademais da atención telefónica, lonxe de aliviar o traballo do persoal médico, supuxo un afondamento no deterioro do servizo, ademais de poñer ás profesionais do centro nunha situación límite.  Atender aos pacientes por teléfono, ademais de difícil e moitas veces frustrante, supón unha multiplicación da carga de traballo e unha sobrecarga emocional, xa que unha parte da poboación os fai responsables do deterioro do servizo.

Recentemente a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, reuniuse do Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña,  a quen explicou os problemas da atención primaria. Se ben o Conselleiro admitiu a existencia de carencias de persoal e expresou a intención de convocar unha praza de médico, non apreciou a necesidade de reforzar o servizo de pediatría nin comprometeu melloras nas instalacións. Desde a Plataforma reivindícase que a praza de médico debe ir acompañada dunha praza de enfermería e reitérase ademais a necesidade de crear unha praza de pediatría para O Rosal, xa que o concello ten poboación infantil suficiente para  xustificala. Do mesmo xeito, dende a plataforma esíxense solucións ás carencias estruturais e de equipamento nos centros de saúde.

Por outra parte, a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal denuncia novamente o feito de que sigan sen contratar substitutos para as ausencias do persoal facultativo. A situación acaba de agravarse, xa que desde o pasado día 29 de abril non hai pediatra para os usuarios e usuarias do Rosal. O servizo estase a cubrir prolongando a xornada das dúas pediatras que quedan na Guarda. Deste xeito os nenos e nenas están sendo atendidos cada día por unha persoa distinta, o que supón un grave deterioro do servizo pola perda de continuidade no seguimento.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí