Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A ponte peonil de Tomiño-Cerveira, recoñecida nunhas xornadas organizadas pola once como proxecto -destacado e influínte- a nivel estatal pola súa accesibilidade

O arquitecto Ginés Garrido explicou a estrutura como un lugar de fácil acceso e circulación con grande calidade construtiva e amabilidade para todas as persoas usuarias

O arquitecto Ginés Garrido explicou a estrutura como un lugar de fácil acceso e circulación con grande calidade construtiva e amabilidade para todas as persoas usuarias

Fecha: 14 de Mayo de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

Salientou tamén que permite unha conexión territorial de dous países  diferentes para que a cidadanía poida utilizar de forma complementaria os seus equipamentos con desprazamentos a pé e en bicicleta

 

A ponte peonil que unirá Tomiño e Vila Nova de Cerveira vén de ser recoñecida como un proxecto “destacado e influínte” en materia de accesibilidade universal nun congreso organizado pola Fundación Once en Madrid. O responsable do proxecto, Ginés Garrido, participou explicando a solución construtiva para salvar o río Miño nun encontro profesional de reflexión no que se reuniron os máis reputados estudos de arquitectura de todo o estado para abordar o deseño de espazos accesibles a través de tres eixos vertebradores: a sustentabilidade, a saúde e a tecnoloxía.

 

As persoas asistentes a chamado ‘Espazo  NAN’ puxéronse ao día dos proxectos máis destacados e influentes na materia e debateron sobre as mellores solucións construtivas. Ginés Garrido explicou que o proxecto para salvar o río Miño na súa parte máis estreita foi gañador do concurso de ideas posto en marcha polo AECT Rio Minho baixo o título ‘Unha liña sobre o miño’, defendendo a estrutura como “un lugar propio transparente, lixeira e aéreo”. O traballo foi realizado polas sociedades Burgos y Garrido, representada por Ginés Garrido Colmenero, e Bernabeu Ingenieros, representado por Alejandro Bernabeu Larena

 

A nova ponte Goián-Cerveira, explicou Garrido, está caracterizada pola súa accesibilidade e preserva as vistas cruzadas das fortalezas situadas a un lado e outro do río. Trátase dunha ponte colgante de directriz recta e 330 metros de lonxitude e 9,20 metros de gálibo cunha horizontal composta por unha plataforma de catro metros de largo cun pavimento de madeira e de formigón e lastro portugués nos extremos, completada cunha varanda de malla metálica con pasamán de aceiro. A estrutura vertical está composta por dous apoios de aceiro na ribeira, que enlazan ao sur do Espazo Fortaleza, tamén na zona do auditorio, e ao sur do Parque do Castelinho.

 

Ginés Garrido falou da concepción do viaduto como un lugar de fácil acceso e circulación, cunha grande calidade construtiva e amabilidade para todas e cada unha das persoas usuarias. Salientou que as pendentes de entrada e saída foron concibidas para permitir o tránsito de mobilidades suaves (a pé, en bicicleta, en cadeira de rodas...) sen ningún tipo de barreira e superando os estándares requiridos na normativa vixente.

 

A maiores, subliñou tamén a visión territorial da accesibilidade construtiva, por enlazar dous parques diferentes que se complementan e dúas vilas con equipamentos que se complementan e que polo tanto teñen veciñanza que poden ir dun lado ao outro en bicicleta ou camiñando.

 

A presentación da ponte foi moi ben acollida por todas as persoas profesionais asistentes, xerando ademais bastantes preguntas sobre o seu deseño e efectivización.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí