Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A práctica totalidade do persoal da empresa IKF da Guarda secunda o primeiro día de folga contra a dobre escala salarial

Os traballadores/as rexeitan tamén a liberalización horaria que pretende impoñer a compañía

Os traballadores/as rexeitan tamén a liberalización horaria que pretende impoñer a compañía

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Septiembre de 2021

Fuente: CIG

A práctica totalidade do cadro de persoal de Imerys Kiln Furniture (IKF), empresa dedicada á
fabricación de materiais refractarios con sede na Guarda, secundou hoxe a primeira xornada de folga
para rexeitar a dobre escala salarial que a empresa quere prolongar, a liberalización dos horarios, a
maior flexibilización da xornada e o cambio no goce das vacacións que pretende impor a compañía.
O novo calendario de paros, que se desenvolverá todos os martes, mércores e xoves até o vindeiro 30 de
setembro (a excepción do xoves 23, que é festivo local), chega despois da folga que tivo lugar entre o 14
e o 30 de xullo, e que foi suspendida ao iniciarse o período vacacional. Neste tempo a dirección non
mudou a súa postura, polo que os traballadores/as apostaron por retomar as medidas de presión.
Nas máis de dúas semanas que o persoal estivo de folga o seguimento foi total, provocando un
achegamento por parte da empresa, que amosou disposición a sentar negociar parte das demandas
sociais: flexibilización da xornada anual, modificación da distribución histórica das vacacións, pago do
traballo en fins de semana e festivos ou determinados complementos salariais.
Agora os paros tiveron un seguimento practicamente total, xa que unicamente entrou a traballar un
empregado dos 70 que integran o departamento de produción. En consecuencia, a compañía manobrou
para intentar minimizar o impacto da folga, establecendo servizos mínimos non co obxectivo de realizar
labores de mantemento senón para poñer en marcha o forno coa finalidade de comezar a traballar de
inmediato no caso de que o paro sexa desconvocado. Diante disto, a representación do cadro de persoal
procedeu a impugnar os servizos mínimos.
Ao mesmo tempo, dende a CIG-Construción indican que o AGA está tratando de forzar unha mediación
para intentar poñer fin ao conflito laboral, ao tempo que lle reclaman á Administración que teña en conta
que a dobre escala salarial que a empresa pretende prolongar no tempo e a liberalización horaria que
quere impoñer atentan contra a lei de igualdade e contra o dereito de conciliación da vida familiar e
laboral.
Diferenzas salariais de até 5200 euros ao ano
Cómpre lembrar que, por mor do pacto asinado coa empresa polo anterior comité en 2018, as persoas
que se incorporan a IKF dende ese ano ingresan entre un 25 e un 30% menos de soldo que os seus
compañeiros/as da mesma categoría laboral, o que supón uns 5200 euros menos ao ano. Unha dobre
escala salarial que a empresa pretende prolongar durante oito anos máis.
Xunto a isto, IKF quere que o 10% de distribución irregular da xornada permitido por lei sexa
obrigatoria para todo persoal de luns a sábado, tanta de mañá como de tarde, o que se traduciría na
liberalización dos horarios a dispor da empresa. Ademais, quere introducir cambios no goce das
vacacións, que historicamente se viñan collendo no mes de agosto, e agora pretende que o persoal colla
15 días de vacacións en agosto e os outros 15 estean a disposición da empresa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí