Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Praza do Calvario acolle unha exposición interactiva para amosar que o traballo non ten xénero

O protagonista da mostra será o público, que poderán poñer a súa cara ás figuras que conforman a exposición e que recollen traballos máis ligados a algún dos xéneros

O protagonista da mostra será o público, que poderán poñer a súa cara ás figuras que conforman a exposición e que recollen traballos máis ligados a algún dos xéneros

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Marzo de 2021

Fuente: Concello do Rosal

Aínda quedan moitos pasos que dar no camiño cara a igualdade, comezando por concienciar e sensibilizar á veciñanza. Con este obxectivo, o Concello do Rosal  organiza desde este mesmo venres 5 a exposición ao aire libre ‘O traballo non ten xénero’, unha mostra conformada por diversas figuras de persoas sen rostro desempeñando traballos máis ligados a algún dos dous xéneros e que poderá visitarse ata final de mes na Praza do Calvario.

Trátase dunha exposición que busca a participación activa do público, que será o verdadeiro protagonista: as persoas que visiten a mostra poderán achegarse ás distintas figuras e poñer a súa cara nelas. “Queremos transmitir que calquera persoa pode ser o que desexe, sen importar se é muller ou home. Pode haber bombeiras, xuízas, limpadores, matróns... Calquera persoa pode ser o  que queira, porque o xénero non ten que condicionar as nosas eleccións profesionais”, salienta a concelleira de Igualdade e Muller, Sara Vicente.

Para afondar nos problemas cos que se atopan as mulleres por cuestións de xénero, a carón desta exposición estará colocada unha lona coa que se recreará o teito de cristal, esa barreira invisible que impide ás mulleres, por exemplo, acceder a postos laborais directivos ou de responsabilidade. As persoas visitantes poderán pasar por debaixo desta lona e ver algunhas das problemáticas laborais, sociais, familiares... ás que se enfrontan as mulleres ao longo da súa vida, “ese teito de cristal que temos enriba polo mero feito de ser mulleres e que temos que traballar para ir afastando ata facelo desaparecer”.    

Estas actividades forman parte da programación centrada na igualdade organizada polo Concello do Rosal para todo o mes de marzo e que busca a implicación da veciñanza participando en accións como a colocación das pegatinas do ‘Revolucionando Mentes 8M’ en fiestras e escaparates. Estas pegatinas poden recollerse na casa consistorial.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí