Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Praza do Calvario do Rosal acolle este sábado o Festival de Músicos Xoves

O sábado 31 de agosto terá lugar na Praza do Calvario a partires das 20:30 horas o Festival de Bandas.

O sábado 31 de agosto terá lugar na Praza do Calvario a partires das 20:30 horas o Festival de Bandas.

Fecha: 31 de Agosto de 2019

Fuente: Agrupación Musical do Rosal

A idea deste evento xurdiu coa intención de reunir no noso concello diferentes bandas que se caracterizasen por contar cun bo número de xente nova entre os seus membros, e así levar adiante un proxecto con continuidade e recoñecemento na bisbarra do Baixo Miño. Ademais, este festival pretende mostrar o importante labor que realizan as escolas de música na formación inicial dos músicos galegos e na mellora da calidade das bandas populares.

Parece que foi onte cando se empezou a celebrar e xa vamos pola 30 edición. Corría o ano 1989 cando se realizou a primeira edición, sendo un dos primeiros festivais de bandas que se organizaron en Galicia e consolidándose, co tempo, como un dos mellores, e polo cal levan pasado bandas de toda a nosa comunidade, España e Portugal.

Este fin de semana chega de novo como cada verán, unha das citas mais esperadas na nosa localidade, o Festival de Músicos Xoves.

O sábado 31 de agosto terá lugar na Praza do Calvario a partires das 20:30 horas o Festival de Bandas. Este ano contaremos coa participación de dúas bandas da provincia. Intervirán a Banda de Música de Chapela, e tamén contaremos coa Banda Escola de Música de Beade. Rematará o festival a nosa banda baixo a dirección de Javier Alonso Pérez, no que será o seu primeiro concerto coa banda no noso concello, interpretando un programa que non deixará indiferente o público.

O domingo 1 de setembro será o turno das corais, na Igrexa Parroquial de Santa Mariña, ás 20:00 horas. Contaremos coa presenza da Coral Frol Nova de Chapela, a Coral Polifóncia Cantores de Arnoia (Ourense) e rematará a Coral da Agrupación Musical do Rosal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones