Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A presenza de publicidade alimentaria non baseada en información científica pon en perigo a nosa saúde

José Manuel López Nicolás, un dos divulgadores científicos máis relevantes de fala hispana, abriu a VIII Semana da Educación de Tomiño desbotando mitos sobre os alimentos -sen- e -con-

José Manuel López Nicolás, un dos divulgadores científicos máis relevantes de fala hispana, abriu a VIII Semana da Educación de Tomiño desbotando mitos sobre os alimentos -sen- e -con-

Etiquetas del contenido

Fecha: 07 de Febrero de 2023

Fuente: Concello de Tomiño

A oitava edición da Semana da Educación de Tomiño arrancaba este luns con grande éxito de participación da man de José Manuel López Nicolás, un dos divulgadores científicos máis relevantes de fala hispana que, como presentaba a alcaldesa, Sandra González, “leva anos facendo unha intensiva transferencia de coñecemento á sociedade, unha persoa coa que abordamos un tema que nos preocupa, a alimentación, dende unha perspectiva científica, moitas veces non exenta de polémica”. “A Semana da Educación de Tomiño é xa unha actividade consolidade na que cada ano traemos aos mellores expertos e expertas para aprender de temas importantes”, explicou.

Tras gardar un minuto de silencio na honra da última muller vítima de violencia de xénero en Baiona, López Nicolás abordou co público dun xeito ameno e divertido as verdades e mentiras dos alimentos do século XXI, desbotando mitos e contando os segredos que se agochan detrás dos produtos ‘sen’ e ‘con’. O catedrático en Bioxeoquímica e Bioloxía Molecular, desgranou os misterios dos coñecidos como alimentos funcionais, aqueles aos que se lles engaden compoñentes bioloxicamente activos para mellorar os beneficios para a saúde. Unha idea trasladada de Xapón pero “terxiversada” na Unión Europea e especialmente en España, xa que “en lugar de que o efecto beneficioso estea na totalidade do produto aquí deixamos que estea nun único compoñente, sen importar a calidade do resto”. “Este tipo de alimentos son útiles, pero non necesarios”, sinalaba.

López Nicolás fixo especial fincapé no papel da publicidade na compra deste tipo de produtos por parte da poboación e dos perigos que poden supoñer. “A presenza de publicidade alimentaria que non está baseada en elementos científicos pon en perigo a nosa saúde, xa que mercamos, consumimos e comemos seguindo crenzas populares baseadas en moitas ocasións nunha mensaxe de medo. Estamos no momento da historia no que os alimentos son máis seguros, polo que ese medo só funciona para vender”, explicaba. Durante a charla tamén fixo referencia a todos aqueles alimentos e produtos que se venden coa idea de que son beneficiosos para a saúde polos complementos engadidos que levan e o doado que é caer na trampa do asterisco, a letra pequena que desvela que realmente o compoñente beneficioso dese alimento non é o que aparece en destacado nos paquetes.

Para o divulgador unha das solucións inmediatas pasa por educar, pero tamén por prohibir “para evitar que produtos pouco sans estean ao alcance da man dun xeito doado e barato”.

José Manuel López Nicolás é catedrático de Bioxeoquímica e Bioloxía Molecular na Universidade de Murcia, investigador, docente e membro da Academia de Ciencias da Rexión de Murcia, ademais de Vicerreitor de Transferencia, Comunicación e Divulgación Científica da Universidade de Murcia dende 2020. Participante en numerosos congresos e en diferentes proxectos de investigación nacionais e internacionais, López Nicolás destaca que “aínda que as publicacións científicas son absolutamente necesarias, tamén o é divulgar a ciencia de xeito comprensible para todo tipo de público”.

Escritor de varios libros e colaborador como divulgador científico en numerosos programas de diferentes canles e medios de comunicación, por mor da súa traxectoria divulgativa obtivo numerosos galardóns e recoñecementos, como o Premio Tesla 2013, o Premio Bitácoras ao Mellor Blog de Ciencia 2013 ou o Premio Prisma Especial do Xurado pola súa traxectoria no ano 2021.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí