Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A realidade con humor con Fulano, Citano e Mengano este sábado 5 no Rosal

O recoñecido trío subirá ao escenario do auditorio municipal ás 21.00 horas. Entrada de balde ata completar aforo

O recoñecido trío subirá ao escenario do auditorio municipal ás 21.00 horas. Entrada de balde ata completar aforo

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Noviembre de 2022

Fuente: Concello do Rosal

O mes de novembro arranca con risas no Rosal. O recoñecido trío Fulano, Citano e Mengano chegan este sábado 5 ao auditorio municipal para facer desfrutar ao público dunha velada agradable, con risas sostidas e contaxiosas. Porque se algo caracteriza a este grupo teatral que leva sobre os escenarios dende 1995 é a súa capacidade para reflectir a realidade e facelo con humor.

Unha longa traxectoria na que percorreron cada recuncho do panorama cultural galego cunhas representacións na que o espectador e a espectadora pasa unha velada moi agradable con historias que invitan á reflexión e amosan unha crítica construtiva sobre as realidades actuais mesturado cun sinxelo traballo de escenificación no que a sátira se une ao humor intelixente en cada obra protagonizada por Marcos Alonso, Suso Pando e Manuel Pombal.

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, anima á veciñanza a gozar dunha tarde de lecer con esta actividade de balde. A representación comezará ás 21.00 horas e será con entrada libre ata completar aforo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí