Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A renuncia a subvencións e as mentiras continuadas do goberno do PP de Carrero preocupan ao BNG guardés

Anxo Baz: -Este goberno vai a deriva e leva A Guarda ao retroceso. Intranquilízanos o seu xeito de actuar, e preocúpanos entre outras moitas cousas o futuro da piscina municipal-

Anxo Baz: -Este goberno vai a deriva e leva A Guarda ao retroceso. Intranquilízanos o seu xeito de actuar, e preocúpanos entre outras moitas cousas o futuro da piscina municipal-

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Noviembre de 2023

Fuente: BNG A Guarda

As mentiras continuadas e a renuncia inxustificada de subvencións por parte do alcalde da Guarda preocupan no grupo municipal do BNG.

 

Foi  público e notorio como o Sr Carrero prometía rebaixas fiscais hai un ano para acabar facendo xustamente o contrario. Algo similar aconteceu coa súa promesa electoral de recuperación e mantemento dos lavadoiros e fontes públicas. Non só non levou adiante os traballos prometidos, senón que ademais renunciou a unha subvención para a recuperación do lavadoiro de Carballidos.

 

A súa actitude antigalega e partidista levouno tamén a  rexeitar unha subvención  para a divulgación e fomento da nosa lingua, privando neste caso a sociedade guardesa dunha ampla programación de cine en galego. A renuncia a outra subvención, desta volta para a  retirada de simboloxía fascista, supuxo non só perder unha oportunidade para cumprir coa lei, senón un desprezo a todas as persoas represaliadas por defender a liberdade fronte a sen razón da ditadura franquista.

 

E cando un pensa que xa non caben máis trapalladas no que vai de mes, constátase o que denunciou o BNG. Carrero minte afirmando  que o estado das contas municipais impedían o pago a provedores ata 2024. Unha semana despois de facer esta  afirmación aprobouse en pleno o pago de facturas por valor de máis de  63.000 €.

 

Carrero trata de agochar a súas limitacións como xestor  público a golpe de propaganda e vetando a retransmisión dos plenos desde que chegou ao goberno, tratando de impedir deste xeito, que a sociedade guardesa poida coñecer directamente o que realmente acontece no Concello.

 

O portavoz municipal do BNG, Anxo Baz, considera que “estamos diante de flagrantes mentiras e perdas para A Guarda que mostran con claridade por onde vai realmente o goberno  do PP de Carrero e de Fariñas”, para acabar concluíndo “ este goberno vai a deriva e leva A Guarda ao retroceso. Intranquilízanos o seu xeito de actuar e preocúpanos entre outras moitas cousas  o futuro da piscina municipal, da que teñen parada a día de hoxe a súa licitación. Tampouco sabemos nada do proxecto de reforma, a pesar de ter unha subvención concedida dos fondos Next Generation de máis de un millón e medio de €.”

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí