Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A réplica do petróglifo de Auga dos Cebros, exposta no Centro Sociocultural de Pedornes

Trátase da réplica de maior tamaño dun petróglifo de Galicia

Trátase da réplica de maior tamaño dun petróglifo de Galicia

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Mayo de 2021

Fuente: Concello de Oia

Este venres celebrouse a presentación da réplica do singular petróglifo de Auga dos Cebros, elaborada pola Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. A peza, que destaca polas súas grandes dimensións e por ser unha reprodución fiel do singular gravado rupestre, quedará exposta no interior do Centro Sociocultural de Pedornes.

 

A réplica de Auga dos Cebros 1, de aproximadamente 300 kg de peso, foi elaborada en escaiola a partir dun molde tomado do propio petróglifo. Posteriormente realizouse o pintado con pigmentos naturais, coa fin de darlle un aspecto de naturalidade. Cunhas dimensións de 2,70 metros de alto e 2,20 metros de ancho, trátase da réplica de maior tamaño dun petróglifo de Galicia.

 

O proxecto naceu no ano 2019 promovido pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Pedornes –titular dos terreos nos que se atopa o xacemento arqueolóxico- e máis pola Asociación Costa dos Castros co obxectivo de contar cunha reprodución fiel deste singular e valioso gravado rupestre.

 

A intervención comezou en xuño de 2019 coa intervención do orixinal e da contorna, así coma a da creación do molde, e finaliza agora co remate da réplica na Escola e a súa instalación en Pedornes.

 

A iniciativa desenvolveuse co financiamento do Concello de Oia e máis da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, que foi a encargada de acometer os traballos.

 

A finalidade última de contar cunha réplica fiel dos gravados de Auga dos Cebros é a salvagarda deste patrimonio fráxil e en risco, protexendo o xacemento mediante documentación. Neste sentido, cabe lembrar o proceso de deterioro que, debido á acción de distintos axentes, está a rexistrar esta importante mostra da arte rupestre do noroeste peninsular.

 

Réplicas de Auga dos Cebros 1 e 2

 

Este venres os resultados do proxecto foron presentados no Centro Sociocultural de Pedornes. O acto estivo presidido pola alcaldesa de Oia, Cristina Correa, e contou coa participación de Manuel Ángel Pombal (representante da Comunidade Montes e Costa dos Castros), o historiador Fernando Javier Costas Goberna (Costa dos Castros e Acamo),  algúns dos profesores participantes no proxecto (Fernando Carrera e Jose Antonio Quinteiro), así coma a directora da Escola, Carmen Lorenzo.

 

Durante a presentación puideron contemplarse as dúas réplicas elaboradas pola Escola: a do petróglifo de Auga dos Cebros 1 –que representa varias figuras de cuadrúpedes e unha espectacular embarcación de tipoloxía mediterránea- e a de Auga dos Cebros 2 –un petróglifo de menor tamaño que representa outra embarcación-. Ambas quedarán instaladas no Centro Sociocultural de Pedornes, que será o seu emprazamento definitivo.

 

O singular petróglifo de Auga dos Cebros

 

O petróglifo de Auga dos Cebros sitúase en terreos da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Pedornes, no lugar do Viveiro, nun espazo arborado próximo ao río Vilar que rexistra unha elevada densidade de gravados rupestres. Na zona existen petróglifos de diversas tipoloxías, pero entre eles destaca especialmente o da gran embarcación de orixe mediterránea, un dos máis singulares da costa galega e único na fachada atlántica europea.

 

Ademais da gran nave de Auga dos Cebros 1, na zona existen insculturas doutras dúas embarcacións: son as denominadas Auga dos Cebros 2 e Viveiro 6.

 

A representación de naves con formas que coinciden coas dos modelos mediterráneos do II Milenio a.C. mostra a existencia de relacións entre as culturas atlánticas e as do Mediterráneo xa desde épocas prehistóricas, de aí a importancia destas xoias arqueolóxicas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones