Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Ruta das Artes e Oficios de Tomiño pecha a súa edición 2021 con éxito de participación

Unha media de 20 persoas pasou por cada unha das visitas organizadas este verán, polo que a concelleira da área manifesta a súa satisfacción

Unha media de 20 persoas pasou por cada unha das visitas organizadas este verán, polo que a concelleira da área manifesta a súa satisfacción

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Agosto de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

A Ruta das Artes e Oficios organizada polo Concello de Tomiño pechou esta semana a edición 2021 con grande éxito de participación.

 

A ruta deste verán, que comezou o 29 de xullo pasado no obradoiro do escultor Luis Álvarez, rematou o xoves 26 de agosto, cunha visita guiada a un viveiro do municipio (Viveiros Río Tollo) onde as persoas apuntadas puideron coñecer in situ o proceso de produción das variedades ornamentais máis importantes da empresa, como é a camelia.

 

Unha media de 20 persoas (máis dun centenar de asistentes en total) pasou por cada unha das visitas organizadas este verán, entre as que tamén estiveron o taller de Diana Oliveira-Ivindi, experta en xoiaría artesanal, e a plantación cítrica local “Cítricos Rías Baixas”.

 

A concelleira de Eurocidade, Mocidade e Participación Infantil, Fátima Rodríguez, manifestou a súa satisfacción polo nivel de participación acadado. “Trátase dunha actividade, de balde, que ten coma fin promocionar o noso patrimonio artístico, natural, económico, ambiental... Enfocada esta vez, máis nos oficios que nas artes, coma en anos anteriores, a ruta permitiu coñecer mellor ás empresas e particulares que traballan no noso concello”, valorou.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí