Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Sociedad pro-Monte Santa Tecla disólvese por decisión xudicial

Esta Sociedade foi, sen dúbida, verdadeiro motor social e cultural da Guarda durante boa parte do século XX, ata que no ano 1979 os seus socios se reúnen por última vez en Asamblea Xeral.

Grupo Pro-monte en 1930 | Foto arquivo: Antonio Martínez Vicente.

Fecha: 02 de Mayo de 2020

Fuente: Concello da Guarda

A "Sociedad pro-Monte Santa Tecla" fundouse en 1912 coa finalidade de fomentar o turismo e poñer en valor o monte Santa Trega, impulsando sobre todo a súa paisaxe e o patrimonio arqueolóxico do xacemento castrexo. Esta Sociedade foi, sen dúbida, verdadeiro motor social e cultural da Guarda durante boa parte do século XX, ata que no ano 1979 os seus socios se reúnen por última vez en Asamblea Xeral.

Con posterioridade creouse o Padroado do Monte Santa Trega, un órgano que, xunto co concello, veo a asumir os mesmos fins que tivera durante o seu funcionamento a "Sociedad por-Monte". Nesta situación, a histórica Sociedade perdeu a súa razón de ser e deixou de ter actividade. Os anos foron pasando e dada esta falta de actividade e as nulas posibilidades de reactivación, algúns membros da última xunta directiva consideraron que a mellor saída era a súa extinción. Entregando ao concello da Guarda os seus bens a fin de garantir que os mesmos seguisen sendo de desfrute de todos os veciños e veciñas da localidade.

O proceso de extinción da "Sociedad pro-Monte Santa Tecla" comezou no ano 2017 cando os membros vivos da última xunta directiva do ano 1979 foron convocados polo presidente en funcións, Antonio Martínez, a unha reunión extraordinaria con un único punto na orde do día: a disolución da "Sociedad pro-Monte". Nesta reunión, que se prorrogou en dúas sesións máis, en días diferentes, non se chegou a un acordo sobre a extinción.

A intención última de parte dos membros da xunta directiva era aplicar o artigo 34 do seu regulamento que dispón que no caso de disolución, "los fondos que hubiere se destinarán a beneficencia pública local, y el Museo, Biblioteca y demás enseres se entregarán, previo inventario y en calidad de depósito, al Ayuntamiento u otra entidad de solvencia de la localidad."

Dada a situación de bloqueo da extinción da "Sociedade pro-Monte", a necesidade de protexer e garantir o carácter público das súas propiedades, a necesidade de mantemento dalgunhas destas propiedades con fondos municipais, e seguindo as recomendacións dos servizos xurídicos da Xunta de Galicia e do propio concello da Guarda, a entidade local interpuxo unha demanda xudicial como última saída.

Nestes últimos días O xulgado número 1 de Tui ditou sentencia en primeira instancia favorable a demanda interposta polo concello da Guarda na que declara "a disolución da "Sociedad pro-Monte" e a apertura da fase de liquidación da mesma, previa a súa extinción, recoñecendo o dereito do concello da Guarda a que se lle entreguen en calidade de depositario, os bens propiedade da citada entidade."

Entre os bens da "Sociedad pro-Monte", que pasarán ao concello da Guarda en depósito cando remate o proceso, están: o Parque do Cancelón, o Centro Cultural, a Casa da Cultura, o arquivo da Sociedade e os fondos do Museo Arqueolóxico.

Con este proceso reverten no concello por dereito un bens que xa o eran de feito, dado que a entidade local é quen está xestionando, dando uso e mantendo os bens inmobles da "Sociedad pro-Monte" para beneficio de todos os veciños e veciñas da vila.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones