Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

A SOLIDARIEDADE POR MARTA DESBORDA O AUDITORIO DE GOIÁN

Centos de veciños compartiron coa familia Lomba Fernández toda a tarde do domingo

Fecha: 23 de Enero de 2013

Fuente: concellotomino.com

O Auditorio de Goián quedouse pequeno para albergar aos centos de persoas que acudiron ao festival de fin de campaña de Marta, a nena de 10 anos, veciña de Goián e con parálise cerebral, que grazas á solidariedade de moita xente de dentro e fora de Tomiño, acadou a axuda necesaria para mercar un andador que lle permite estar de pé e ter unha mellor calidade de vida.
A cita tivo lugar no Auditorio de Goián o pasado domingo, 20 de xaneiro, ás seis da tarde e contou con diversas actuacións. O grupo de música tradicional "Zurrumalla"; Eva Carrera (participante en Operación Triunfo 2006) e José Pérez (participante no concurso Recantos da TVG), foron os encargados de amenizar a tarde de festa, e en calidade de presentadores, os humoristas do grupo rosaleiro "Os Campelos".
As máis de 350 butacas do auditorio, non foron suficientes para acomodar ao numeroso público, que non quixo perderse o espectáculo de ver a Marta, dominando con facilidade o seu andador sobre o escenario, e entregando os premios correspondentes ás rifas vendidas: as dúas esculturas dos artistas Carlos Fierro e Carlos Fernández, tamén presentes no acto.
O cariño e a admiración espertada por Marta entre os seus veciños e amigos, quedou patente unha vez máis. Entre o público estaban tamén a concelleira de Cultura do Concello de Tomiño, Cristina Martínez; as familias doutros nenos con enfermidades raras e dexenerativas, coma a de Alma, de Vigo, e a propia familia de Marta ao completo.
Emilio Lomba e Flori Fernández, pais de Marta, agradeceron a inmensa colaboración prestada, tanto por particulares coma por institucións, e cualificaron o acto coma "moi bonito, cheo de emoción e bo humor".
 
FOTOGRAFÍAS
 
 
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí