Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A subdelegación de Goberno distribuíu máis de 100.000 máscaras a colectivos sociais de toda a provincia

Maica Larriba destaca a importancia do uso de máscaras en todas aquelas situacións nas que non podamos manter a distancia recomendada polos expertos sanitarios

Maica Larriba destaca a importancia do uso de máscaras en todas aquelas situacións nas que non podamos manter a distancia recomendada polos expertos sanitarios

Fecha: 04 de Junio de 2020

Fuente: Subdelegación do Goberno Ponte

Durante o día de onte comezou a repartición de máscaras hixiénicas correspondente a un novo envío realizado polo goberno de España. Desta forma, a subdelegada do Goberno en Pontevedra coordinou esta terceira repartición a diferentes colectivos e entidades da provincia para garantir o uso obrigatorio deste material de seguridade individual cando non se poida respectar a distancia física entre as persoas.

O montante de máscaras ascende, nesta ocasión, a 60.000 unidades que serán distribuídas desde a Subdelegación do Goberno. En concreto, a repartición esténdese novamente a entidades sociais como son o Comité Provincial de Cruz Vermella, Cáritas, para as súas sedes de Tui-Vigo e Salnés e para o Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade, CERMI, quen será os encargados de facer chegar o material sanitario aos seus asociados como COGAMI, ONCE, ASPACE, DOWN, e FAGAL, entre outras.

Cada unha destas entidades recibirán unhas 20.000 máscaras para que poida chegar a todos os colectivos que a conforman.

Con esta nova entrega, a subdelegación fixo chegar máis de 100.000 máscaras a estas organizacións e a outros colectivos como bancos de alimentos e asociacións sociais "para garantir, especialmente, que chegase este equipamento sanitario a todos os colectivos e, especialmente, a aqueles relacionados con persoas que poidan ter unha maior limitación de compra pola súa situación máis desfavorecida", recalcou a propia subdelegada.

Maica Larriba quixo lembrar que "esta nova entrega de material sanitario por parte do goberno, súmase ás máis de 560.000 que foron repartidas na provincia de Pontevedra desde o 13 de abril para cubrir as necesidades da poboación no retorno á actividades de acordo ás diferentes fases de desconfinamiento que estamos a levar a cabo". Tamén quixo lembrar a importancia de seguir o protocolo sanitario esixido en cada momento, tanto a nivel de distancia social como a hixienización frecuente de mans, medidas que reducen ao mínimo as posibilidades de contaxio ".

Finalmente, a subdelegada do Goberno en Pontevedra "anima e agradece á cidadanía o seu comportamento en cada unha das fases de desescalada para que entre todos superemos esta pandemia cara a unha nova normalidade, á que temos que chegar máis fortes para seguir traballando pola nosa provincia".
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones