Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A superliga Galicia de futevolei chega a A Guarda o 11 de xullo

O presidente do club, Germán Martínez, realizou a presentación xunto á tenente de alcalde da Guarda, Montse Magallanes, e o concelleiro de deportes do Concello de Nigrán, José Luis Sanromán.

O presidente do club, Germán Martínez, realizou a presentación xunto á tenente de alcalde da Guarda, Montse Magallanes, e o concelleiro de deportes do Concello de Nigrán, José Luis Sanromán.

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Junio de 2021

Fuente: Concello da Guarda

Este venres presentouse, nas instalacións da empresa Celtamotor, patrocinador do Club Deportivo Futevolei Vigo, a nova edición da Superliga Galicia de Futevolei. Participaron no acto a tenente de alcalde da Guarda, Montse Magallanes, o concelleiro de deportes de Nigrán, José Luis Sanromán, o presidente do Club Futevolei Vigo, Germán Martínez e patrocinadores da liga.

 

Nesta edición, que iniciarase o 27 de xuño, a novidade principal é a incorporación das novas

instalacións de fútbol praia do Concello da Guarda. Así mesmo, o Concello de Nigrán celebrará a fase final do campionato autonómico durante tres días na praia de Panxón, que incluirá partidos nocturnos.

 

Así, o campionato desenrolarase en catro etapas. A primeira delas, na praia de Samil o próximo 27 de xuño, celebrándose o segundo campionato puntuable nas novas instalacións do Codesal da Guarda na fin de semana do 11 de xullo. O terceiro campionato puntuable xogarase o domingo 18 de xullo nunha das praias do Salnés. A liga xogase cun formato de ranking dividido en dúas categorías: primeira e segunda división. As parellas participantes puntuarán nos tres primeiros campionatos, tratando de clasificarse para a superfinal de Nigrán que se celebrará nun espectacular evento os días 27, 28 e 29 de agosto. Alí encontraranse os mellores xogadores que loitarán por obter o título de campión galego.

 

Tamén no acto, o presidente do Club Deportivo Futevolei Vigo, Germán Martínez, fixo referencia ás dificultades para a práctica do deporte que se teñen sufrido no último ano e á mensaxe que o club quere transmitir de vida saudable e deporte, desfrutando dos espectaculares paisaxes, gastronomía e areais das Rías Baixas, o Baixo Miño e de toda a costa galega en xeral. “Trala cancelación da edición 2020 debido á pandemia e grazas ao apoio de todos, saímos reforzados e agardamos récord de participantes nesta edición con xogadores de toda Galicia, doutras comunidades e incluso do norte de Portugal” engadiu o directivo, que destacou o comportamento exemplar de xogadores e patrocinadores fronte á situación da pandemia e que apostan por un deporte que cada ano crece máis nas praias galegas.

 

As inscrición continúan abertas para quen desexe participar en algún dos campionatos na web do club www.futevoleivigo.com e contactando a través das súas redes sociais para máis información.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones