Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A tradicional romería do Lanzo da Cruz chega a Torrón(Tomiño) este luns día 10 de abril

A romería, única en Galicia, conserva a antiga tradición dos lances de cruz nos que o párroco bendice aos barqueiros para que teñan boa pesca.

A romería, única en Galicia, conserva a antiga tradición dos lances de cruz nos que o párroco bendice aos barqueiros para que teñan boa pesca.

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Abril de 2023

Fuente: Lanzo da Cruz

  • A celebración do tradicional encontro entre as parroquias de Sobrada (Galicia) e Cristelo Côvo (Portugal)
  • A romería, única en Galicia, conserva a antiga tradición dos lances de cruz nos que o párroco bendice aos barqueiros para que teñan boa pesca.
  • Ademáis, o Lanzo da Cruz comparte a festa coa veciña freguesía portuguesa de Cristelo Côvo a quen a une lazos de amizade ancestrais.

O vindeiro luns 10 de abril, luns de Pascoa,  a parroquia de Sobrada (Galicia) e a freguesía Cristelo Côvo (Portugal) celebrarían o seu tradicional lance de cruz, os veciños e as veciñas da fronteira tomiñesa e valenciana  cita anual coa tradición.

É o Lanzo da Cruz unha cita transfronteiriza na que ademáis do tradicional lance, as poboacións de ambas marxes cruzan ao río festexando a amizade que as une. O párroco galego en procesión polo río, visita a marxe portuguesa onde dá a bicar a cruz. E o párroco portugués fai o mesmo na marxe galega.

O lanzo da cruz é organizado polas asociacións de ambas marxes que dende sempre organizan este encontro único na fronteira e que atrae aos veciños e veciñas dos arredores. Un encontro entre amigos, irmáns, veciños pero tamén un encontro coas raíces de ambos pobos onde unha vez máis lembran a boa saúde das relacións transfronteirizas.

 

Os lances de cruz

Os lances é un ritual no que o párroco bendice aos barqueiros e as súas redes para que teñan boa pesca e o Miño “non cobre o seu foro” (o foro entendido como a morte). A cambio, os barqueiros ofrécenlle ao párroco a primeira lamprea do lance.

Os lances de cruz é unha práctica que se viña realizando dende aproxidamente o ano 1.500 ao longo do último treito do río Miño e que na actualidade só se celebra na parroquia de Sobrada e na freguesía de Cristelo Côvo. Ambas marxes, comparten tradición e celebran os vellos rituais como antano, no luns de Pascoa.

A simbiose dos elementos históricos coa modernidade, fan desta romería un acto singular e que representa a excepcionalidade da fronteira baixomiñota. Unha cita única que reúne todos os anos a veciñanza de ambas marxe e a turistas que non queren perderse unha data senlleira.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí