Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A unidade móbil de doazón de sangue estará no Rosal o vindeiro mércores 30 de xuño

Na Praza do Calvario de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 h. As persoas interesadas poden pedir cita previa no teléfono gratuíto 900 100 828

Na Praza do Calvario de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 h. As persoas interesadas poden pedir cita previa no teléfono gratuíto 900 100 828

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Junio de 2021

Fuente: Concello de O Rosal

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase ata o concello do Rosal este mes de xuño. O vindeiro mércores 30 un autobús da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará na Praza do Calvario de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas para todas aquelas persoas que queiran acudir a doar

Para o Centro de Transfusión a máxima prioridade é a seguridade das persoas doantes e receptoras dos compoñentes sanguíneos, polo que aínda que a situación sanitaria mellor continúa extremando os protocolos de prevención para garantir a continuidade dun servizo esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais galegos. Por este motivo, todas as persoas que desexen doar sangue poderán pedir cita previa chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828 para garantir unha afluencia gradual e ordenada dos e das doantes.

Aínda que o persoal do Centro de Transfusión fai unha revisión de saúde a todas as persoas que acoden a doar para garantir a seguridade dos compoñentes da sangue, recoméndase non acudir a doar sangue se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios. Pídese tamén ás persoas doantes agardar un metro de separación entre persoas nas zonas de espera.

O Centro de Transfusión lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar agardar dúas horas para facer a doazón. É importante levar a tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar, ademais de informar ao médico en caso de estar tomando algún medicamento.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí