Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A V MOSTRA DAS TRADICIÓNS MARIÑEIRAS PRESENTA UN PROGRAMA REPLETO DE EXPOSICIÓNS, OBRADOIROS, MÚSICA E GASTRONOMÍA

Esta edición da mostra rende homenaxe ós -Gameleiros-

Durante os tres días tamén estará colocado un mercado mariñeiro na rúa do Porto que ofrecerá diferentes produtos en diversos stands.

Fecha: 24 de Julio de 2015

Fuente: www.aguarda.es

A "V Mostra das Tradicións Mariñeiras", organizada pola Asociación de Redeiras Atalaia e o Concello da Guarda, que se celebra esta fin de semana na localidade, rende homenaxe ó traballo dos "Gameleiros". Como en edicións anteriores, o lugar de celebración é o Porto da localidade, e a súa programación está chea de actividades para todos os públicos.

Tanto o venres, coma o sábado, e tamén o domingo, estarán abertas varias exposicións. O Museo do Mar, terá aberta a exposición permanente e ademais se ofrecerá unha mostra de diferentes embarcacións tradicionais, entre as que destacarán, por exemplo, a "masseira ancorense" ou a gamela adaptada guardesa.

Na carpa haberá dúas exposicións fotográficas. A primeira delas leva por nome "Gameleiros" e as imaxes son dos autores Miro Villar e Manuel Álvarez. A outra, da man de Aurora Rego, presenta as instantáneas que forman a colección "Familia de pescadores de ascendencia galega". Neste recinto tamén estará instalada unha taberna mariñeira e será o espazo no que se leven a cabo os diferentes obradoiros.

Diversos colectivos guardeses tamén presentan exposicións na nave das redeiras. Así poderá distinguirse unha de Anabam, outra de CEMMA e tamén do traxe mariñeiro.

Durante os tres días tamén estará colocado un mercado mariñeiro na rúa do Porto que ofrecerá diferentes produtos en diversos stands.


Para os nenos e nenas haberá xogos populares organizados por ALTEGA Educación e Lecer, ademais de piscina para actividades lúdicas ou un concurso de barcos de papel, entre outras actividades.

Os obradoiros e as actuacións musicais diferéncianse por días. Así, mentres os talleres de cerámica, cestería, nós, cordería ou encascado, estarán abertos á participación do público tanto o venres, coma o sábado e o domingo, o obradoiro de foguetes de auga só se realizará o sábado, día 25, pola tarde.

Pola súa banda, o obradoiro de cociña "Ponlle as pilas ó teu bocata" promovido pola Xunta, celebrarase o domingo, dende as 19 horas. As prazas para esta actividade son limitadas polo que os rapaces, entre 4 e 14 anos, deben facer unha inscrición previa.

Os eventos pola noite serán moi variados. Así, o venres, ás 21 horas, terá lugar a "Revista Oral" presentada por Paco Lodeiro, que explicará as diferentes tradicións mariñeiras ó público.


O sábado, dende as 22,30 horas, dará comezo o "Serán Mariñeiro" no que participarán varios grupos de folclore.


Os encargados de pechar as noites desta "V Mostra das Tradicións Mariñeiras" serán os compoñentes do grupo "Pelepau", que comezarán a súa actuación o domingo a partir das 21 horas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones