Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A veciñanza do Rosal enche o Auditorio municipal para apoiar á súa alcaldesa como candidata á reelección

Ánxela Fernández: Son o apoio da veciñanza, o compromiso polo proxecto do Rosal e a ilusión polo futuro os motores que me levaron a presentarme

Ánxela Fernández: Son o apoio da veciñanza, o compromiso polo proxecto do Rosal e a ilusión polo futuro os motores que me levaron a presentarme

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Marzo de 2023

Fuente: BNG Baixo Miño

A veciñanza do Rosal amosou o seu apoio á actual rexedora Ánxela Fernández cun cheo absoluto no auditorio municipal. Acompañada da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e do concelleiro Moncho Leal, a alcaldesa rosaleira trasladou unha mensaxe de ilusión para seguir colocando ás persoas e ó ben común no centro dos proxectos que ten para O Rosal.

“Demos pasos importantes na construción do proxecto do Rosal, convertendo a participación veciñal nun dos eixos da xestión municipal”, destacaba Ánxela, “traballando desde a humildade, o sentido da responsabilidade e a planificación”, que permitiu ao consistorio rosaleiro captar novos investimentos para proxectos transformadores e incrementar o orzamento de 3,2 millóns de euros en 2019 ata os 6,4 millóns neste 2023.

A rexedora puxo en valor o traballo feito nestes catro anos no proxecto do Rosal na recuperación do espazo público, o paisaxismo e a aposta pola proximidade coa nova Praza do Calvario, a Explanada do Horizonte, os ecoparques, a reforma e a ampliación do Mercado ou a transformación da Estrada que une Tabagón e As Eiras; coas melloras progresiva nas instalacións deportivas, a transformadora axenda cultural valorizando os recunchos máxicos dos barrios do Rosal, o programa da Memoria Viva, os Xogos da Empatía ou a Gladiator family.

“Traballamos polo colectivo incrementando o apoio e o traballo man a man co noso tecido asociativo deportivo, cultural, educativo, coas nosas traídas veciñais ou centrando esforzos no que non se ve, o benestar social. Puxemos ás persoas no centro cando no medio dunha crise enerxética convertemos a sostibilidade, a eficiencia enerxética e o medioambiente  en prioridades da xestión coa reforma integral progresiva das nosas escolas unitarias ou a xeralización da compostaxe” relata Ánxela Fernández.

A alcaldesa rosaleira relatou que “despois dunha reflexión meditada, son o apoio da veciñanza e compañeiros da asemblea local do BNG do Rosal, o compromiso polo proxecto do noso pobo e a ilusión polo futuro do Rosal os motores que me levaron a presentarme como candidata á reelección”, co exemplo sempre presente das mulleres do mundo rural “referentes de humildade, esforzo e traballo que nos define como pobo e nos enchen de orgullo”.

“Móveme a ilusión por facer do proxecto do Rosal un proxecto de suma colectiva, que amplíe a súa base social, co obxectivo de construirmos xuntos o mellor dos futuros para O Rosal”, salientou Ánxela Fernández Callís.

“Seguir conectando O Rosal desde Pías ata As Eiras, ou dende a Praza do Calvario ata Marzán, Pancenteo, Novás, Viso dos Eidos, Martín, Fornelos ou a zona de Costa; recuperar espazos públicos nos barrios, consolidar O Rosal Cámara Fest da man da Agrupación Musical, unha axenda de lecer cada vez máis diversa e rica, converter ó deporte nun dos motores da transformación, afrontar o gran reto da transformación verde coa eficiencia enerxética e o sendeirismo verde como potencialidade, continuar apostando polos servizos públicos, a mellora das instalacións, a creación de novos espazos de lecer, a mellora progresiva dos camiños, as políticas do benestar social ou unha axenda de maiores activa son algúns dos apaixoantes retos para O Rosal”, salientou a alcaldesa.

A portavoz nacional, Ana Pontón, aproveitou a presentación da candidata á Alcaldía do Rosal, para expresar o seu “orgullo con maiúsculas” vendo todo o que o BNG foi capaz de lograr no concello nun tempo récord, facendo que o municipio “avanzase máis nestes catro anos que nos últimos trinta, da man de Ánxela como a mellor capitana dun gran equipo de goberno”.

O BNG, recalcou Pontón, ten un modelo municipal de éxito que hoxe é referente en toda Galiza, destacando que O Rosal é un “exemplo excelente” dese modelo que funciona, que mellora a vida das persoas e que fai que vilas e cidades avancen.

“É un orgullo ver como os gobernos municipais do BNG transforman vilas e cidades, como colocan ás persoas no centro da acción política mellorando a vida dos veciños e das veciñas, como xestionan con eficacia e practican unha política transparente, de portas abertas á participación da veciñanza. Como fixo Ánxela no Rosal”, subliñou.

Co aval do gran traballo realizado, Pontón amosouse convencida de que “queda moito tempo por diante de Ánxela como alcaldesa do Rosal, porque volverá recibir o apoio masivo dos veciños e das veciñas este 28M, dos que confiaron en nós fai catro anos e de todas as persoas que valora o gran traballo do goberno municipal, unha auténtica revolución en positivo”.

O acto contou coa intervención do concelleiro rosaleiro Moncho Leal que fixo un breve repaso pola historia política do Rosal destacando os grandes avances nestes últimos anos liderados por Ánxela, conseguindo máis servizos públicos de calidade para a veciñanza. Ademais trasladou o seu convencemento á veciñanza de que “ter a Ánxela na alcaldía é a garantía para seguir polo bo camiño, para non deixar atrás a ninguén, tendo en conta os que faltan, compartindo e repartindo en igualdade”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí