Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A XUNTA ACTIVA -METEOSIX MOBILE-, UNHA APLICACIÓN COA QUE OS CIDADÁNS PODERÁN CONSULTAR NOS SEUS TELÉFONOS MÓBILES A PREDICIÓN METEOROLÓXICA PARA CALQUERA LUGAR DE GALICIA

A aplicación permite buscar sobre un mapa e tamén polo seu nome os lugares e entidades xeográficas sobre as que se desexa consultar a predición

Fecha: 15 de Febrero de 2012

Fuente: www.xunta.es

imaxe1_mobilA Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de MeteoGalicia, vén de poñer en marcha unha aplicación para informarse das predicións meteorolóxicas en móbiles con sistema Android. Os usuarios poderán, así, consultar dende o seus dispositivos móbiles predicións para calquera lugar de Galicia á medida das súas necesidades. Neste proxecto, que entrará en funcionamento hoxe, tamén colaboraron o Grupo de Arquitectura de Computadores da Universidade da Coruña (UDC), o Laboratorio de Sistemas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).

O sistema proporciona dúas vías de acceso á información. Por unha parte, no Android Market está dispoñible de balde a aplicación “MeteoSIX Mobile”, que ofrece aos usuarios a posibilidade de consultar e personalizar a predición para os seus lugares favoritos. A aplicación permite buscar sobre un mapa e tamén polo seu nome os lugares e entidades xeográficas sobre as que se desexa consultar a predición. Para cada lugar poden seleccionarse as variables de predición que máis interesen.

imaxe1_mobilPor outra parte, para usuarios máis avanzados e para facilitar o desenvolvemento doutras aplicacións, está dispoñible un servizo web (API) que proporciona a información en diversos formatos de fácil procesamento ou incluso directamente inserible noutras páxinas web.

Cómpre sinalar que toda a información sobre a aplicación e o servizo web pode consultarse en http://www.meteogalicia.es/web/proxectos/meteosix.action.

O proxecto MeteoSIX
MeteoSIX nace en decembro de 2009 coordinado por MeteoGalicia e coa participación do Grupo de Arquitectura de Computadores da UDC, o Laboratorio de Sistemas da USC e o CESGA. Está financiado polo Plan Galego de I+D+i INCITE da Xunta de Galicia en colaboración co proxecto Interreg RAIAco, Observatorio Oceánico da Marxe Ibérica.

Os obxectivos do proxecto son dotar a MeteoGalicia dunha Infraestrutura de Datos Espaciais (IDE) para o acceso aos datos meteorolóxicos e oceanográficos e proporcionar canles de acceso á información axeitadas para o maior número posible de usuarios.
 
imaxe2_mobil

 
 
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí