Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta ampara a sinatura do protocolo entre as federacións de piragüismo española, portuguesa e galega que dará lugar á nova liga da eurorrexión

A Liga Eurorrexión estará composta por catro regatas -pista de sub23 e sénior, maratón de xuveniles, sénior e veteranos, travesía e caiac de mar de cadetes a veteranos e Trofeo Xacobeo de Novas Promesas- dúas a celebrar en Galicia e outras dúas a celebrar

A Liga Eurorrexión estará composta por catro regatas -pista de sub23 e sénior, maratón de xuveniles, sénior e veteranos, travesía e caiac de mar de cadetes a veteranos e Trofeo Xacobeo de Novas Promesas- dúas a celebrar en Galicia e outras dúas a celebrar

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Marzo de 2022

Fuente: Xunta de Galicia

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na sinatura dun protocolo que dará lugar á nova Liga da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. Os asinantes do acordo foron o presidente da Real Federación Española de Piragüismo, Javier Hernanz; o presidente da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea; o presidente da Federación Portuguesa de Canoa, Víctor Manuel Taborda; e mais o presidente da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea. O secretario xeral para o Deporte destacou que con este protocolo, “Galicia confirma a súa posición como potencia internacional do deporte náutico en xeral e do piragüismo en particular” e subliñou a importancia das “sinerxías cun país veciño e amigo de fonda tradición padexeira como Portugal”.

O protocolo asinado entre as tres federacións de piragüismo permitirá optimizar os seus recursos dispoñibles co obxectivo de mellorar os resultados deportivos, a participación e a organización de eventos deportivos ibéricos e internacionais, a formación de adestradores e o establecemento de estratexias comúns na política exterior. Un dos principais obxectivos será preparar aos padexeiros e padexeiras de cara aos Xogos Olímpicos de París 2024, así como o pulo das actividades de fomento e divulgación do piragüismo na Península Ibérica. O devandito protocolo abrangue aos 62 clubs galegos de piragüismo e a todos os clubs da zona norte de Portugal, pero non é excluínte a calquera club do resto de ambos os dous países coa finalidade de potenciar as actividades nas diferentes eurorrexións.

A Liga Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal organizarase nas categorías de Maratón, Caiac Polo, Slalom e Velocidade. Ademais, a tenor do protocolo, realizaranse concentracións conxuntas e outras actividades de tecnificación; colaborarase na organización de eventos deportivos internacionais; contribuirase á formación conxunta de adestradores, particularmente no Congreso de Pontevedra 2022; realizaranse actividades arbitrais e de colaboración mutua e definiranse estratexias comúns no marco da política exterior da modalidade para reforzar o papel de ambos países no panorama internacional.

Liga Eurorrexión

Segundo o protocolo asinado hoxe, a Liga Eurorrexión estará composta por catro regatas -pista de sub23 e sénior, maratón de xuveniles, sénior e veteranos, travesía e caiac de mar de cadetes a veteranos e Trofeo Xacobeo de Novas Promesas- dúas a celebrar en Galicia e outras dúas a celebrar na zona norte de Portugal.

Ambas as tres federacións acordaron coa Xunta de Galicia definir tamén un proxecto europeo elixible a longo prazo para captar fondos internacionais que contribúan ao desenvolvemento do programa.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí