Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta apoia a través do programa Galicia emprende 3 proxectos da comarca do Baixo Miño que mobilizan máis de 277.600? euros

Os proxectos aprobados contemplan a creación e mantemento de máis de 118 empregos na provincia e abranguen actividades tanto do sector industrial como dos servizos

Os proxectos aprobados contemplan a creación e mantemento de máis de 118 empregos na provincia e abranguen actividades tanto do sector industrial como dos servizos

Fecha: 16 de Julio de 2020

Fuente: Del. Xunta Pontevedra

O programa Galicia Emprende concedeu, a través do Igape, axudas a emprendedores e autónomos da comarca do Baixo Miño por un total de 82.500 euros que permitirán mobilizar un total de 277.616 euros co obxectivo de poñer en marcha 12 proxectos que levan asociados a creación e mantemento de empregos.

En concreto, nesta comarca aprobáronse 2 proxectos en Tui e outro en Tomiño, co obxectivo de poñer en marcha un establecemento hostelero e 2 proxectos empresariais de novos emprendedores, creándose así 4 novos empregos.
 
A Xunta concedeu ao abeiro da última edición do Galicia Emprende, da que se vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución da segunda convocatoria, axudas por case 3,78 millóns de euros para apoiar 106 proxectos empresariais de emprendedores e autónomos que prevén desenvolver investimentos de 14 millóns de euros e que levan asociados a creación e mantemento de 302 empregos.
 
En total, na provincia, o Instituto Galego de Promoción Económica apoia 52 proxectos cunha axuda global de 1,4 millóns de euros para apoiar proxectos de creación de novas empresas ou de consolidación de compañías nos primeiros 42 meses de funcionamento.
 
Os proxectos aprobados contemplan a creación e mantemento de máis de 118 empregos na provincia e abranguen actividades tanto do sector industrial como dos servizos.
 
As iniciativas apoiadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, abranguen actividades do sector industrial da automoción; do sector agroalimentario, como a elaboración de viños, pan e bolería; e dos servizos, como centros para maiores e escolas infantís, clínicas dentais, de fisioterapia e podoloxía ou restaurantes especializados. O investimento medio por proxecto é de 130.000 euros, correspondéndose sobre o 40% das iniciativas ás impulsadas por autónomos e as restantes por sociedades mercantís.

Entre os proxectos novidosos aprobados na última convocatoria destaca un de reciclado e desmontaxe das superficies deportivas de herba artificial, que prevé crear 6 postos de traballo. Outras iniciativas de dimensión importante, que investirán máis de 350.000 euros cada unha e mediante as que se crearán máis de 10 novos postos en todo o territorio, apostan pola apertura e acondicionamento de establecementos hostaleiros, de lecer e turísticos, así como a creación dun centro de servizos funerarios que contempla un parque cemiterio ecolóxico.

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones