Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta aporta 19.400? á Festa da Langosta da Guarda, do Viño do Rosal e San Telmo en Tui

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra informou da publicación hoxe no DOG destas axudas das que se beneficiarán a Festa da Langosta, a do Viño do Rosal e a de San Telmo

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra informou da publicación hoxe no DOG destas axudas das que se beneficiarán a Festa da Langosta, a do Viño do Rosal e a de San Telmo

Fecha: 02 de Junio de 2018

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que o Diario Oficial de Galicia (DOG) fixo hoxe pública a lista de concellos beneficiados a través de dúas liñas de axudas da Axencia de Turismo de Galicia que suporán, na comarca do Baixo Miño un total de 19.400 euros para 3 festas e dous municipios turísticos.

Tal e como explicou Cores Tourís, nesta comarca, beneficianse tres festas de Interese Turístico Galego: a XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Tradicional da Guarda; a do Viño do Rosal e o San Telmo de Tui. Así, cada unha delas recibirá 3.000 euros de subvención.

En total, na provincia de Pontevedra beneficiaranse destas axudas un total de 26 festas de Interese Turístico de Galicia, cunha axuda global de 81.000 euros.

Neste sentido, o delegado territorial salientou a súa contribución para que Galicia continúe a avanzar no seu obxectivo de converterse cada vez nun destino máis internacional e recordou o compromiso da Xunta, incluído na Estratexia de turismo de Galicia 2020, por impulsar o enfoque turístico do patrimonio inmaterial, onde as festas de interese turístico ocupan un lugar central.

Persoal para oficinas de turismo
José Manuel Cores Tourís tamén destacou a liña de axudas para concellos declarados municipios turísticos e a xeodestinos de Galicia para a contratación de persoal nas oficinas de turismo nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, beneficiándose, neste senso, os concellos de Tui e A Guarda na comarca do Baixo Miño, cunha axuda global de 10.400 euros. A nivel provincial, beneficiaranse desta axuda un total de 11 concellos que recibirán case 55.000 euros en total.

Tal e como recordou o delegado territorial, os concellos declarados Municipios Turísticos son aqueles nos que, pola unha afluencia periódica ou estacional, a poboación anual de poboación turística é superior ao 25% do número de veciños. "Tamén aqueles que contan cun número de aloxamentos turísticos e de segundas residencias superior ao 50% do número de vivendas de residencia primaria". Ademais, tamén deben contan dentro do seu territorio con algún servizo turístico susceptible de producir unha atracción turística de visitantes cinco veces superior a súa poboación e contar con servizos municipais como saneamento, recollida de residuos, protección civil e ordenación urbanística, entre outros.

A Xunta de Galicia, segundo apuntou Cores Tourís, aposta pola colaboración cos concellos de cara impulsar o turismo, colaborando na contratación de persoal nos meses de maior demanda turística, un apoio que parte do actual Goberno autonómico xa que naceu en 2013.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí