Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A XUNTA APROBA 53 PROXECTOS DOS GRUPOS DE ACCIÓN COSTEIRA POR UN IMPORTE DE MÁIS DE 2 MILLÓNS DE EUROS, NO QUE PARTICIPA TEMÉN A ASOCIACIÓN DE REDEIRAS ATALAYA DE A GUARDA

Estas achegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Pesca, pertencen á convocatoria de 2012 e concédense ao abeiro dos plans estratéxicos zonais co obxecto de impulsar a competitividade das zonas de pesca

Fecha: 03 de Noviembre de 2012

Fuente: xunta.es

A Consellería do Medio Rural e do Mar aprobou 53 proxectos dos Grupos de Acción Costeira por un importe total de 2.105.774,45 euros dentro da convocatoria de 2012. Estas axudas concédense ao abeiro dos plans estratéxicos zonais e están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Pesca. A través destas axudas favorécese a competitividade das zonas de pesca, impúlsase o valor engadido dos produtos pesqueiros e axúdase a pequenas infraestruturas e servizos relacionados con este ámbito.

Destes proxectos resoltos 25 son produtivos, é dicir, de orientación profesional ou empresarial e correspóndelle unha cantidade de 1.313.894,55 euros. Para este tipo de proxectos a porcentaxe media de financiamento é do 48,5%.

Os outros 28 correspóndense con investimentos non produtivos, que teñen como elemento determinante a súa rendabilidade social e 17 foron promovidos polo sector pesqueiro. Para estes últimos o importe concedido é de 791.879,90 euros e a porcentaxe media de financiamento é do 89%

Novidade
Como novidade esta convocatoria inclúe por primeira vez a presentación dun proxecto de cooperación que se denomina Enredadas: cultura e oficio das redeiras, presentado polas asociacións de redeiras de Burela, Corme e Malpica coas que colaborará a asociación Atalaia da Guarda. O obxectivo desta iniciativa é amosar o traballo, tradición e oficio das redeiras iniciando ademais actividades de diversificación económica dirixidas a produtos de artesanía coa colaboración da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

Os proxectos
Entre os proxectos produtivos aprobados atópase unha empresa constituída por mulleres desempregadas que se dedicará á produción de conservas artesanais dirixidas a un mercado de alta gama utilizando produtos do territorio. Tamén unha axencia de viaxes que porá en marcha un receptivo para as a actividades de turismo mariñeiro do club de produto Mar Galaica, unha empresa que comercializará auga de mar para uso alimentario e proxectos para a comercialización de produto da pesca artesanal e marisqueo.

Por outra banda, dentro dos proxectos non produtivos destacan as actuacións do sector pesqueiro relacionadas coa promoción de produtos da pesca artesanal e a mellora da súa trazabilidade, a posta en valor do patrimonio marítimo pesqueiro, as actividades de divulgación e a mellora das condicións de traballo das mariscadoras. Outros proxectos deste tipo son aqueles orientados á promoción turística dos territorios vinculados á pesca a través do deseño de rutas, creación da marca turística, creación de redes de dinamizadores locais, etc.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones