Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta celebrará no Rosal un curso sobre a comercialización de produtos de horta ecolóxica

A acción formativa está prevista para o xoves 7 de outubro en horario de partido no espazo de autoarranxo deste concello pontevedrés

A acción formativa está prevista para o xoves 7 de outubro en horario de partido no espazo de autoarranxo deste concello pontevedrés

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Octubre de 2021

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), celebrará o vindeiro xoves, 7 de outubro, no concello do Rosal un curso sobre a comercialización de produtos de horta ecolóxica. Esta formación terá lugar no espazo de autoarranxo (ao carón do Centro Público Integrado Manuel Suárez Marquier) en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas.

O obxectivo principal da xornada é dar a coñecer as novas tendencias e demandas deste mercado, ademais de axudar a comprender as posibilidades de comercialización dos produtos ecolóxicos de horta a través de novas canles. Tamén se abordará o novo regulamento de produción ecolóxica, así como aspectos relativos á comunicación ambiental destes alimentos en relación cos novos desafíos produtivos, como son o cambio climático e o quecemento global. A acción formativa finalizará cunha visita a unha cooperativa agraria da zona.

A xornada está dirixida en xeral a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego.

A Agacal, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2021, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de cursos coma este.

Cómpre lembrar que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2021 que poden consultarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas. Precisamente nesta páxina pode atoparse o referido curso e descargar a solicitude de asistencia correspondente, que debe remitirse cuberta ao enderezo electrónico   ramon.jesus.lamelo.otero@xunta.gal. Os interesados en obter información adicional poden chamar ao teléfono 981 540 282.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí