Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta colabora co concello da Guarda na reforma das dependencias municipais para mellorar a calidade dos servizos prestados aos cidadáns

Os traballos enmárcanse na Orde de Infraestruturas de uso público, á que a Xunta destina este ano 4M? para as entidades locais

Os traballos enmárcanse na Orde de Infraestruturas de uso público, á que a Xunta destina este ano 4M? para as entidades locais

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Junio de 2021

Fuente: Vicepresidencia primeira da Xunta

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe xunto o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, as actuacións levadas a cabo en varias dependencias municipais ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público para mellorar a calidade dos servizos prestados á veciñanza. No marco desta liña de axudas, a Xunta apoiou con máis de 23.000 euros a reforma da oficina de turismo e a do padrón, así como a dotación de novo equipamento acústico e de iluminación no salón de actos e na sala de usos múltiples.

Os traballos levados a cabo na oficina de turismo no antigo edificio do antigo concello inclúen a ampliación do espazo dispoñible para os visitantes e a eliminación de barreiras arquitectónicas para contar cunhas instalacións máis accesible e cumprir así os criterios para optar a Q de Calidade para o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE). No caso do espazo dedicado a secretaría, rexistro e padrón, habilitouse unha dependencia independente para atender aos cidadáns que asisten ao padrón para garantir a súa intimidade nas súas xestións.

Natalia Prieto destacou a importancia da colaboración da Xunta coas administracións locais para que poidan levar a cabo actuacións que redunden no benestar e na mellora de calidade de vida dos veciños. A través da Orde de Infraestruturas coa que se financian estas actuacións, o Goberno galego apoia precisamente as iniciativas dos concellos galegos para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.

 

Na convocatoria deste ano, a Xunta mantén o orzamento de 4 millóns de euros que destinou o ano pasado a esta liña de axudas, despois de incrementalo en 2020 nun millón de euros respecto a 2019.

 

O investimento realizado nos últimos anos pola Xunta no concello supera os 1,3 millóns de euros ao abeiro desta orde e doutras liñas da Vicepresidencia Primeira para adaptar varias instalacións municipais, así como a contratación de auxiliares de Policía Local ou o financiamento do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES).

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones