Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta crea unha nova unidade de educación infantil no Colexio de Caldelas de Tui cun investimento de 40.000Euros

? A Xefatura Territorial pecha esta actuación, tendente a unificar o espazo lectivo desta parroquia tudense, nunha visita coa directiva, representantes da Anpa e o alcalde, Enrique Cabaleiro

? A Xefatura Territorial pecha esta actuación, tendente a unificar o espazo lectivo desta parroquia tudense, nunha visita coa directiva, representantes da Anpa e o alcalde, Enrique Cabaleiro

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Junio de 2021

Fuente: Del. Terr. Xunta en Pontevedra

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, vai proceder á conversión da escola de Educación Primaria de Caldelas de Tui nun CEIP coa creación dunha nova unidade de Educación Infantil que permitirá concentrar os espazos lectivos desta parroquia tudense.

O xefe territorial, César Pérez, concretou esta actuación nunha visita realizada ao centro xunto coa súa xunta directiva, representantes da Anpa e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e anunciou o investimento de 40.000 euros para adaptar e ampliar os espazos necesarios.

"Ata a data en Caldelas de Tui funciona unha escola unitaria e un Centro de Educación Primaria (CEP), pero atendemos unha demanda das comunidades educativas e das nais e pais para centralizar todas estas etapas formativas nun só centro, o que facilitará o transporte, a loxística e incluso o ritmo escolar, para o cal imos converter o actual colexio nun CEIP", explicaron dende a Consellería de Educación.

Deste xeito, o centro vai ampliar a súa matrícula dende o vindeiro curso académico 2021/2022 coa incorporación dunha vintena de alumnos procedentes da unitaria desta mesma parroquia.

Para permitir esta unificación, consensuada con todas as partes afectadas, vaise realizar unha obra durante este verán que consistirá na habilitación dunha aula e dos servizos anexos necesarios para dar acollida aos novos estudantes.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí