Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta defende a importancia de dotar de liquidez ao tecido empresarial galego a curto e medio prazo para favorecer a súa reactivación

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá de maneira telemática nun encontro sobre financiamento empresarial, organizado por AJE Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá de maneira telemática nun encontro sobre financiamento empresarial, organizado por AJE Galicia

Fecha: 18 de Abril de 2020

Fuente: Xunta de Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá de maneira telemática nun encontro sobre financiamento empresarial organizado por AJE Galicia, e no que apelou á necesidade de blindar ao tecido produtivo galego para salvagardar a súa competitividade e favorecer a súa reactivación tras a crise sanitaria do Covid-19.

Conde destacou o valor do diálogo permanente entre os distintos axentes económicos e sociais para coñecer de primeira man as necesidades dos sectores produtivos, permitindo definir así medidas que mitiguen o impacto e faciliten unha transición coordinada tras o final da pandemia. No apoio ás empresas, o conselleiro subliñou un dobre escenario de accións: a corto prazo, inxectando liquidez inmediata a pemes e autónomos; e a medio prazo, executando plans que permitan a reactivación inmediata da economía.

A este respecto, a Xunta ten activada unha liña de financiamento que mobilizará 250 millóns de euros ao tecido empresarial en préstamos para pemes e autónomos de ata 200.000 euros sen xuros -bonificados pola Xunta-para cubrir gastos esenciais, como facturas, salarios ou alugueres, ou a suspensión de prazos para a presentación de impostos ata o 30 de xuño.

A Xunta tamén defende a importancia de garantir a seguridade e a saúde dos traballadores, activando medidas para dotar de material de protección ao tecido empresarial, como o paquete de axudas de 2,5 millóns de euros para apoiar ás empresas que queiran adaptar os seus procesos produtivos para colaborar na súa fabricación. Ademais, o Goberno autónomico ten enviado aos axentes económicos e sociais unha guía con recomendacións en materia de prevención e saúde laboral, así como guías específicas para sectores tan estratéxicos da economía galega como o naval, o forestal, a automoción ou a construción.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones