Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta destina 320.000 en axudas a 40 establecementos de hostalaría do sur da provincia de Pontevedra para acondicionar as terrazas e favorecer as vendas a domicilio

O Goberno galego aprobou 13 axudas a locais de Tui, 7 no caso da Guarda e Tomiño, 5 en Ponteareas, 2 en Oia e tamén en Mondariz, Mondariz-Balneario, Salvaterra, A Cañiza, Covelo e Arbo

O Goberno galego aprobou 13 axudas a locais de Tui, 7 no caso da Guarda e Tomiño, 5 en Ponteareas, 2 en Oia e tamén en Mondariz, Mondariz-Balneario, Salvaterra, A Cañiza, Covelo e Arbo

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Mayo de 2021

Fuente: Del. Terr. Xunta en Pontevedra

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, vén de informar que o Goberno galego acaba de aprobar axudas por importe de 320.000 euros para 40 establecementos de hostalaría do sur da provincia, pertencentes ás bisbarras do Baixo Miño, O Condado e A Paradanta, para o acondicionamento de terrazas e o impulso das vendas a domicilio no marco das medidas paliativas para o sector fronte á crise sanitaria da covid-19.

O representante autonómico revelou as achegas nunha visita ao restaurante Marusía, no Concello da Guarda, que é un dos beneficiarios desta orde de axudas, coa que se pretende dotar da máxima seguridade á hostalaría, xa que a mesma está orientada á instalación, reforma e pechamento de terrazas, compra de mobiliario, adaptación de espazos exteriores e adquisición de elementos de envasado para o servizo a domicilio.

A distribución de achegas nas bisbarras do sur da provincia é a seguinte:

 

Concello

Nº Beneficiarios

Investimentos

Axudas da Xunta

Tui

13

87.032€

69.627€

Tomiño

7

100.597€

80.477€

A Guarda

7

62.131€

49.704€

Oia

2

8.500€

6.800€

Ponteareas

5

25.905€

20.724€

Salvaterra

1

13.391€

10.712€

Mondariz

1

16.287€

13.030€

Mondariz-Balneario

1

24.750€

19.800€

A Cañiza

1

24.237€

19.390€

Covelo

1

23.695€

18.956€

Arbo

1

14.000€

11.200€

TOTAL

40

400.525€

320.419€

Deste xeito, a Xunta, a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, impulsou esta liña, que incluía apoios de ata o 80% do investimento a realizar, cifrados entre os 1.500 e os 25.000 euros, para pemes e autónomos con ata 50 traballadores.

Esta medida, de gran importancia xa que axuda á conferir seguridade sanitaria aos establecementos e a impulsar as súas vendas, tanto no local como a domicilio, nun momento especialmente complicado pola covid-19, espertou un gran interese e moita demanda por parte do sector da hostalaría, o que demostra que as liñas da Xunta están indo en consonancia coas necesidades desta actividade económica”, explicou Luis López, que revelou que inicialmente orzamentouse unha partida de 3 millons de euros para estas achegas pero, ante a elevada cifra de solicitudes, tivo que cuadriplicar o seu crédito ata alcanzar os 11 millóns.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí