Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Xunta destina case 340.000? aos concellos de Pontevedra para a contratación de 112 socorristas

O Goberno galego apoiará aos concellos das comarcas do Baixo Miño e o Condado-Paradanta con 50.357,14 euros para contratar durante xullo e agosto a 16 socorristas

O Goberno galego apoiará aos concellos das comarcas do Baixo Miño e o Condado-Paradanta con 50.357,14 euros para contratar durante xullo e agosto a 16 socorristas

Fecha: 17 de Junio de 2020

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, informou hoxe aos concellos da resolución da orde de axudas que permitirá que os municipios do Baixo Miño e o Condado-Paradanta poidan contratar durante os meses de xullo e agosto a un total de 16 persoas socorristas.

Os concellos beneficiarios serán Covelo, con un socorrista, As Neves, A Cañiza e Tomiño con dous cada un, Ponteareas contará con tres e A Guarda con seis. En total, ambas comarcas recibirán 50.357,14 para axudar na contratación destes profesionais, xa que é preciso recordar que a contratación de socorristas para praias e piscinas non é competencia autonómica e deben ser os propios concellos os que realizan directamente estes contratos.


Na provincia de Pontevedra serán 112 os socorristas contratados, cunha axuda de 340.000 euros e 31 concellos beneficiados, así como a Mancomunidade do Val Miñor.


A Xunta tamén recorda que coa axuda que permite aos concellos contratar persoal para a vixilancia das praias, ofrécese tamén ás persoas desempregadas unha oportunidade para adquirir unha experiencia laboral que redunda na mellora da súa empregabilidade e que facilita a súa futura inserción no mercado de traballo. O obxectivo é apoiar á Administración local na dinamización da súa economía e seguir contribuíndo a mellorar a inserción laboral no territorio galego.


Os socorristas son unha ferramenta máis para garantir a calidade dos nosos areais, que veñen abaladas pola consecución de bandeiras azuis, 52 na provincia de Pontevedra neste 2020, 5 distintivos que recoñecen a excelencia dos portos deportivos; e 6 sendeiros azuis.


O concello de Sanxenxo volveu a repetir posición como o concello galego - e do conxunto do Estado - con máis bandeiras azuis, con 17 praias distinguidas. Cómpre indicar que Sanxenxo presentou nesta edición unha candidatura individual para as praias de Nosa Señora da Lanzada, O Espiñeiro, Areas Gordas e A Lapa, que foron distinguidas con este distintivo. Na provincia de Pontevedra, destacan tamén o Concello de Vigo, que suma 10 en 2020; Cangas do Morrazo (7), e Marín (con 5 bandeiras).

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí