Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta financia a modernización do campo de fútbol das Tornas en Oia cunha achega de 40.000? para a creación dun novo edificio de vestiarios

O Concello de Oia benefíciase da Orde de axudas de infraestruturas de uso público do Goberno galego por terceiro ano consecutivo para construír un inmoble de case 80 m2 que prestará servizo ao Oiense, os veteráns, o fútbol base e outros torneos

O Concello de Oia benefíciase da Orde de axudas de infraestruturas de uso público do Goberno galego por terceiro ano consecutivo para construír un inmoble de case 80 m2 que prestará servizo ao Oiense, os veteráns, o fútbol base e outros torneos

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Febrero de 2021

Fuente: Del. Territorial Xunta de Gali

A Xunta vén de financiar unha nova fase de mellora e modernización do Campo de Fútbol das Tornas, no Concello de Oia, consistente na construción dun novo edificio para vestiarios que dispuxo dunha achega autonómica de 40.000€ ao abeiro da Orde de infraestruturas de uso público.

 

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López, e a alcaldesa de Oia, Cristina Correa, achegáronse esta mañá ata esta instalación deportiva para supervisar esta actuación, que permitirá duplicar a actual superficie destinada a vestiarios e que dá continuidade ás melloras acometidas neste campo, hai xa cinco anos, con financiamento autonómico.

 

O proxecto, cuxas obras rematáronse recentemente, consistiron na creación dunha nova unidade construtiva, no espazo existente xunto ao gradarío, cunha superficie de case 80 m2 con dous vestiarios para equipos con preto de 30 metros e outro individual para os árbitros.

 

Deste xeito, o campo disporá de instalacións suficientes para os seus usuarios, xa que ata a data dispoñía dun inmoble con dous vestiarios grupais, dous para colexiados e outro con formato de aseo para persoas con discapacidade, pero facíanse escasos polo constante emprego do estadio, que habitualmente é utilizado polo Clube de Fútbol Oiense, equipos de veteráns, os cativos da escola de fútbol e, ocasionalmente, por parte de afeccionados, torneos amigables e acampamentos de verán.

 

Cremos que é unha mellora máis que necesaria e que se enmarca no compromiso que temos dende a Xunta de Galicia co Concello de Oia, que leva tres anos consecutivos recibindo diferentes axudas da orde de infraestruturas de uso público cun investimento global de máis de 100.000€ que permitiu mellorar, ademais deste campo de fútbol, diferentes viais do municipio en zonas como Mavía, Oia, Viladesuso, Mougás ou Santa María”, detallou Luis López.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí