Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta garante a continuidade de 7 unidades de atención temperá en 16 concellos do sur da provincia de Pontevedra cunha achega de 1,8 millóns de euros

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, confirmou esta mañá o financiamento autonómico destes servizos ata o ano 2024 nunha visita ás instalacións da UAT agrupada do Baixo Miño, emprazada no edificio de Benestar Social de Tomiño

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, confirmou esta mañá o financiamento autonómico destes servizos ata o ano 2024 nunha visita ás instalacións da UAT agrupada do Baixo Miño, emprazada no edificio de Benestar Social de Tomiño

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Marzo de 2023

Fuente: Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Xuventude, vén de garantir a continuidade de sete unidades de atención temperá (UAT) en ata 16 concellos do sur da provincia grazas á concesión dunha achega global de case 1,8 millóns de euros. Deste xeito, estes servizos, orientados a favorecer o desenvolvemento de cativos de ata seis anos con dificultades, manteranse operativos alomenos dous anos máis, ata finais de 2024.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, confirmou esta mañá o financiamento autonómico que sosterá o futuro destas unidades nunha visita ás instalacións da UAT agrupada do Baixo Miño, emprazada no Edificio de Benestar Social do Concello de Tomiño e que atende aos rapaces deste municipio e os da Guarda, Tui e O Rosal. No acto estivo acompañado pola xefa territorial de Política Social, María José Pérez-Izaguirre, pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e por outros representantes municipais e persoal técnico.

“Estas unidades fan un gran traballo, atendendo semanalmente a centos de cativos do sur da provincia con problemas de desenvolvemento grazas a grandes profesionais da psicopedagoxía, a fisioterapia e a logopedia, polo que creo que a súa continuidade era máis que merecida e necesaria e por iso dende a Xunta apostamos polo seu financiamento e ademais o facemos de xeito plurianual, que era unha atinada demanda de moitos destes servizos de toda Galicia para poder planificar e realizar mellor este traballo”, manifestou o representante autonómico.

Deste xeito, e coa recente resolución da derradeira convocatoria, a Xunta concedeu 322.440 euros á UAT do Baixo Miño, que contará con cinco profesionais; 237.194 euros ao servizo agrupado de Arbo, Salvaterra e Crecente, que terá tres traballadores; a mesma contía para o da Cañiza, Mondariz, Mondariz-Balneario, Covelo e Melón dotado con tres especialistas; 313.174 euros para a unidade de Salceda de Caselas e As Neves, que disporá de catro profesionais; 246.480 euros para Mos con catro traballadores; 237.194 euros para O Porriño con tres especialistas; e 182.604 euros para a UAT de Nigrán, que terá tres monitores.

Luis López tamén quixo destacar o despregamento realizado pola Consellería de Política Social e Xuventude para ampliar estas unidades por todo o territorio co obxectivo de “achegar os servizos públicos a todos os galegos e favorecer a igualdade de oportunidades, equilibrando as prestacións nos ámbitos rural e urbano”, unha cuestión que se consegue, no caso do sur da provincia, con servizos espallados por practicamente todos os concellos atendidos por ata 25 especialistas neste labor de desenvolvemento, inclusión e integración.

“Hai algo máis dunha década apenas había dúas unidades de atención temperá en toda Galicia que atendían a quince concellos e, grazas á forte aposta social da Xunta, hoxe dispoñemos de 41 unidades, 11 delas na provincia de Pontevedra, que chegan a máis de 200 concellos cun investimento de 10,3 millóns de euros, o que fomenta a igualdade, xa que con estes servizos agardamos atender cada ano a uns 5.000 nenos e nenas con problemas de desenvolvemento”, detallou o delegado territorial.

As once unidades da provincia de Pontevedra contarán con 37 traballadores grazas a un orzamento de 2,6 millóns de euros e estarán operativas, ademais de nos 16 concellos do sur, en Cuntis, Moraña, Barro, Portas, Caldas, Campo Lameiro, e A Estrada, Cangas do Morrazo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí