Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta impulsa 13 actuacións de -fermosismo- coa corrección de impactos paisaxísticos no Baixo Miño cun investimento de 54.000euros

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda financiou un total de doce accións de índole privada na comarca, que se distribuiron, ademais das acometidas no Rosal, no municipio de Tomiño (3), A Guarda (2), Oia (2) e Tui (1)

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda financiou un total de doce accións de índole privada na comarca, que se distribuiron, ademais das acometidas no Rosal, no municipio de Tomiño (3), A Guarda (2), Oia (2) e Tui (1)

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Febrero de 2023

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, vén de impulsar ata 13 actuacións de ‘fermosismo’ a través da corrección de impactos paisaxísticos, unha de carácter público e a ducia restante de índole privada, na comarca do Baixo Miño cun investimento de 54.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o director do Instituto de Estudos do Territorio, Enrique de Salvador, acudiron esta mañá ata esta bisbarra para supervisar as catro melloras en propiedades particulares acometidas no Concello do Rosal, acompañados pola alcaldesa Ánxela Fernández, e posteriormente desprazáronse ata Oia para comprobar, coa rexedora Cristina Correa, a actuación impulsada polo Concello para a posta en valor das fontes e o lavadoiro da Riña.

“Seguimos traballando de xeito decidido no embelecemento de Galicia tanto con axudas aos concellos para mellorar os bens de titularidade pública e municipal como con achegas aos galegos propietarios de inmobles que queren que estes lozan nas mellores condicións. E nesta liña, a comarca do Baixo Miño foi unha das grandes beneficiarias desta orde de axudas correspondente ao pasado ano, tal e como comprobamos hoxe coas obras rematadas, e agardamos que tamén aproveite a convocatoria deste 2023”, explicaron os representantes autonómicos.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda concedeu o pasado ano unha ducia de axudas a prol de particulares da bisbarra cunhas achegas totais por riba dos 34.000 euros. Deste xeito, puidéronse rehabilitar, con melloras en cubertas, fachadas e outras instalacións, un total de 4 inmobles no municipio do Rosal, 3 en Tomiño, 2 na Guarda, 2 en Oia e un en Tui.

Ademais, nesta zona tamén se concedeu unha das axudas para a posta en valor dun ben público a prol do Concello de Oia, que recibíu unha achega de 20.000 euros para o financiamento da recuperación e posta en valor das tres fontes e o lavadoiro da Riña, que están catalogados no Plan Básico Autonómico.

Esta actuación, orzamentada nuns 30.000 euros, centrouse nun conxunto tradicional de pedra granítica e muros de xunta seca de gran valor patrimonial. A mesma consistíu na substitución da cuberta preexistente por outra de madeira e tella cerámica e na restitución dos muros de pedra orixinais.

Para o presente ano, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda volveu a convocar estas axudas na dobre vertente para persoas físicas e tamén para concellos de ata 20.000 habitantes no que se refire a bens de titularidade municipal e uso público que se queiran recuperar ao abeiro das directrices e os valores do Catálogo das Paisaxes de Galicia.

A orde para particulares, que acaba de pechar o seu prazo de solicitudes, ten un orzamento dun millón de euros e financiará ata o 70% cunha axuda máxima de 3.000 euros por actuación, mentres que a orientada aos municipios terá a mesma partida e mantén aberto o período de peticións ata o 28 de febreiro. Neste caso, a achega autonómica tampouco poderá superar o 70% do investimento, pero a contía poderá alcanzar os 20.000 euros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí