Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética do Centro de Saúde da Guarda

O investimento previsto nesta obra é de 50.000 euros

O investimento previsto nesta obra é de 50.000 euros

Fecha: 11 de Agosto de 2020

Fuente: Del. Xunta Pontevedra

As Consellerías de Economía, Emprego e Industria e de Sanidade impulsan un acordo marco para o desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables nun total de 28 centros de saúde da Comunidade que permitirán mellorar a eficiencia enerxética dos edificios e importantes aforros nas súas facturas enerxéticas. Entre os beneficiados atópase o centro de saúde da Guarda.

O acordo conta cun orzamento de 1,5M€, dos que 1,2 serán financiados polo Inega, e permitirá ao Sergas aforrar ao redor de 100.000 euros anuais nos custos enerxéticos grazas ao desenvolvemento de 25 proxectos de biomasa e outros tres de aerotermia. O investimento previsto na obra deste centro será de 50.000 euros.

En concreto, substituírase o sistema actual deste centro que utiliza gasóleo por unha caldeira de biomasa.

Este acordo enmárcase nos proxectos de enerxías renovables que a Xunta está impulsando en edificios da administración pública autonómica, como xa se fixo coa sinatura doutros acordos marco coas Consellerías de Educación, de Política Social ou de Turismo dentro da aposta decidida do Goberno galego por fomentar un cambio cultural no que se prioricen tanto o uso das enerxías renovables como actuacións e hábitos tendentes ao aforro enerxético. Deste xeito, ademais destes proxectos tamén se convocan axudas dirixidas a familias, empresas e entidades locais e sen ánimo de lucro.

Neste sentido, destaca a Estratexia da biomasa posta en marcha no ano 2014, co obxectivo de promover o uso deste recurso limpo, autóctono e renovable co que se conseguen aforros de ata o 60% con respecto a outras fontes de enerxía como o gasóleo, ademais de poñer en valor o monte galego, favorecendo a xestión forestal. Esta Estratexia xa ten permitido, no período 2014-2019, apoiar a instalación de 7000 caldeiras con aforros de 14M€ anuais.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones