Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta inicia o reparto de equipos de protección aos concellos en colaboración coa Fegamp

O material distribuirase preferentemente nos concellos máis pequenos, que non teñen forma de adquirir este material

O material distribuirase preferentemente nos concellos máis pequenos, que non teñen forma de adquirir este material

Fecha: 23 de Marzo de 2020

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta inicia a partir de hoxe o reparto de equipos de protección entre os concellos galegos en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Así o anunciou hoxe o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras unha videoconferencia cos delegados territoriais para coordinar a acción da Administración autonómica ante a epidemia do coronavirus.

A medida, acordada en conversas coa Fegamp, vai destinada, principalmente, aos concellos máis pequenos que necesitan eses medios e non teñen outra forma de adquirilos "Estou seguro de que será unha axuda importante para que tamén desde os servizos que ofrecen os concellos poidan seguir traballando e protexendo aos funcionarios municipais nas tarefas esenciais que tamén desenvolven", explicou o vicepresidente. Distribuiranse, nun primeiro envío, 15.000 mascarillas e 100.000 pares de guantes.

Rueda puxo tamén en valor que mañá tamén comezan os traballos das brigadas da Consellería do Medio Rural que se dedicarán, tamén nos concellos máis pequenos, a tarefas de desinfección d exteriores de centros sanitarios, residencias e centros sociosanitarios.
Traballo en todas as frontes

O vicepresidente destacou que a Xunta segue traballando no ámbito sanitario "e en todas as frontes" para frear a epidemia de coronavirus. Ao respecto, lembrou a necesidade de que o Goberno central subministre máis material de protección para os sanitarios, en tanto o enviado non é suficiente e estase traballando maioritariamente con medios da Administración autonómica.

Apelou tamén á necesidade de continuar seguindo as medidas de confinamento e distanciamento social, "a arma fundamental para para previr unha rápida extensión do coronavirus", e agradeceu o sacrificio de toda a sociedade.

Ademais, puxo en valor a "boa nova" de que en Galicia se rexistrase a alta do primeiro paciente diagnosticado con coronavirus en Galicia, que é ademais a primeira alta en Galicia dun paciente ingresado nunha UCI hospitalaria por esta enfermidade. "Dentro das boas novas que son sempre as altas, é unha especial esperanza para todo o mundo", destacou

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones