Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta lanza hoxe por 2 millóns de euros a nova oferta pública de adquisición de inmobles para rehabilitalos nos concellos da Coruña, Ourense, Ferrol, Ribadeo e Tui

Os propietarios interesados en presentar as súas ofertas dispoñen ata o 15 de xullo para trasladalas

Os propietarios interesados en presentar as súas ofertas dispoñen ata o 15 de xullo para trasladalas

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Abril de 2022

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta lanza hoxe unha nova oferta pública do programa Rexurbe, á que destina 2 millóns de euros, para a adquisición de inmobles co obxectivo de rehabilitalos e destinalos despois a vivendas de promoción pública nos concellos da Coruña, Ferrol, Ourense, Ribadeo e Tui.

 

O Consello foi informado do contido da quinta convocatoria pública deste programa, publicada este venres no Diario Oficial de Galicia, en base á cal a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pretende adquirir máis inmobles para rehabilitalos e obter vivendas públicas nos centros históricos das vilas galegas.

 

A oferta pública deste ano prioriza a aqueles concellos que xa teñen declarada unha área de rexeneración urbana de interese autonómico —área Rexurbe—, onde existe un maior número de edificacións ou solares en estado de abandono ou semiabandono.

 

A finalidade é adquirir inmobles que, estando inscritos no Rexistro da propiedade, cumpran cos seguintes requisitos: permitirán que as futuras vivendas reúnan as condicións óptimas de confort e habitabilidade; non se atopen afectados por servidumes ou cargas, que poidan facer inviable a actuación; e que os custos de rehabilitación non resulten desproporcionados.

 

Un dos criterios que se terá en conta para a adquisición dos mesmos é o interese da área na que se atope, dando prioridade aos edificios que teñan un valor arquitectónico especial que aconselle a súa recuperación, aqueles cuxa recuperación poida contribuír de xeito especial á rexeneración ambiental da zona onde estea emprazado e ás ofertas que contemplen a recuperación dunha mazá completa.

 

A oferta de 2022, ao igual que as anteriores, prevé un reparto para cada concello do investimento total. Non obstante, no caso de non esgotarse o crédito previsto para un determinado municipio e, ao mesmo tempo, o crédito inicial previsto para os demais resultase insuficiente, poderá variarse o importe sinalado.

 

A Xunta reserva a metade do orzamento, 1 millón de euros, para a cidade da Coruña, onde se inclúe o Casco Vello e o eixo Orzán-Panadeiras. O resto do crédito total distribúese entre Ourense (400.000 euros), Ferrol (200.000 euros), Ribadeo (200.000 euros) e Tui (200.000 euros).

 

Os propietarios interesados en presentar as súas ofertas dispoñen ata o 15 de xullo para trasladalas á Xunta.

 

Balance do Programa Rexurbe

O Goberno galego puxo en marcha en 2017 o programa Rexurbe. Na actualidade, xa ten comprometidos máis de 36 millóns de euros na adquisición e rehabilitación de 87 inmobles emprazados nos centros históricos, cos que prevé obter máis de 150 vivendas de promoción pública.

 

En concreto, xa se executaron por completo as obras de 20 propiedades, que deron como resultado 33 vivendas; e as outras 67 propiedades adquiridas están actualmente en fase de execución ou en proxecto para a obtención de máis inmobles públicos.

 

Por outra banda, cómpre lembrar que xa existen seis áreas Rexurbe —figura creada coa Lei de rehabilitación de 2019— declaradas en Galicia: Mondoñedo (declarada en febreiro de 2020), A Coruña (maio de 2020), Ribadavia (xullo de 2020), Tui (xullo de 2021), Ribadeo (decembro de 2021) e Ferrol (xaneiro de 2022).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones