Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta lembra que a realización de queimas nos terreos rústicos está suspendida ata novo aviso

Quedan sen efecto as autorizacións e comunicacións de queimas xa notificadas ou efectuadas e suspéndese a solicitude de novas autorizacións, así como a posibilidade de realización de novas comunicacións

Quedan sen efecto as autorizacións e comunicacións de queimas xa notificadas ou efectuadas e suspéndese a solicitude de novas autorizacións, así como a posibilidade de realización de novas comunicacións

Fecha: 16 de Marzo de 2020

Fuente: Xunta de Galicia

A Consellería do Medio Rural lembra que a realización de queimas nos terreos rústicos está suspendida ata novo aviso, de acordo coa resolución publicada onte pola Xunta no Diario Oficial de Galicia sobre a situación de emerxencia sanitaria como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19.

Así, no punto décimo quinto desta norma dise que se suspenden estas prácticas e tamén que quedan sen efecto as autorizacións e comunicacións de queimas xa notificadas ou efectuadas. Igualmente, suspéndese a solicitude de novas autorizacións, así como a posibilidade de realización de novas comunicacións para queimas nos terreos rústicos.

Así mesmo, a Consellería do Medio Rural pide a colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, tanto ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado como a través do teléfono anónimo de denuncias destas condutas, o 900 815 085. Insistimos en que, ata novo aviso, non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones