Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta manifesta a súa profunda preocupación ante a reforma do Pavillón de Sangriña que podería poñer en risco a continuidade do Guardés

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, informa que convocará -de xeito inmediato- ao Concello da Guarda para buscar -unha saída a unha situación inadmisible-

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, informa que convocará -de xeito inmediato- ao Concello da Guarda para buscar -unha saída a unha situación inadmisible-

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Febrero de 2022

Fuente: Xunta de Galicia

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo unha xuntanza de urxencia na mañá de hoxe coa xunta directiva da Federación Galega de Balonmán, representada no presidente Bruno López, e cos representantes do Club Balonmán Atlético Guardés, na figura de José Manuel Silva, para tratar as cuestións sobre a reforma do pavillón da Sangriña.

 

O proxecto municipal para a reforma do devandito pavillón, “máis alá de non ser o óptimo deseño que precisa o Guardés xa que seguiría sen poder acceder á fase de grupos da Liga Europea”, dixo o secretario, “pon en risco a continuidade do equipo xa que supón un custo inasumible e a falta de alternativa doutro escenario no que xogar os seus partidos”.

 

Lete Lasa expresou a súa “profunda preocupación” ante o “futuro incerto” dun equipo feminino que “leva anos facendo historia non só en España, conquistando a Liga en 2017, senón tamén en Europa durante oito anos consecutivos”. Neste sentido, o mandatario galego informou que convocará “de xeito inmediato” ao Concello da Guarda para buscar “unha saída a unha situación inadmisible”.

 

O secretario xeral lembrou que “un club tan grande como o Guardés, precisa un pavillón axeitado á súa magnitude”, pero que non o pode facer a calquera custo. “A Xunta sempre ofrecerá o seu total apoio e a súa absoluta disposición para colaborar cos equipos senlleiros de Galicia, como é o caso do Guardés” sentenciou.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí