Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta oferta 354 prazas públicas en escolas infantís para o curso 2021/2022 nas bisbarras de Baixo Miño, Condado e a Paradanta e abre o prazo de solicitude ata o 12 de abril

O delegado territorial, Luis López, anuncia, nunha visita ao servizo do Edificio Administrativo de Pontevedra, que as comarcas manterán os seus oito centros autonómicos, dos que dous sitúanse no Concello de Tomiño

O delegado territorial, Luis López, anuncia, nunha visita ao servizo do Edificio Administrativo de Pontevedra, que as comarcas manterán os seus oito centros autonómicos, dos que dous sitúanse no Concello de Tomiño

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Marzo de 2021

Fuente: Del. Territorial Xunta de Gali

A Xunta de Galicia vai ofertar 354 prazas públicas autonómicas na rede de escolas infantís A Galiña Azul nas bisbarras de Baixo Miño, Condado e A Paradanta para o vindeiro curso 2021/2022 tras a correspondente publicación da planificación de centros.

Ademais, a Consellería de Política Social acaba de abrir o período de solicitude de praza ata o 12 de abril e informa de que a mesma pode formalizarse por medios telemáticos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. En caso de dúbida, os usuarios poden recabar información nos propios centros infantís.

Por este motivo, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, realizou esta mañá unha visita á escola infantil do Edificio Administrativo de Pontevedra para explicar a planificación desta prestación en toda a provincia e confirmou que, para o vindeiro curso, manteranse as oito escolas infantís nas comarcas de Baixo Miño, Condado e A Paradanta, das que a dúas sitúanse no Concello de Tomiño

A relación de centros e as súas prazas é a seguinte:

 

Escolas infantís nas bisbarras de Baixo Miño, Condado e A Paradanta

Centro

Prazas

Centro

Prazas

Tui

82

Goián | Tomiño

61

Tomiño

41

O Rosal

61

Oia

39

Covelo

30

As Neves

20

Crecente

20

Deste xeito, na bisbarra haberá un total de 24 unidades -de 0 a 3 anos de idade- de atención infantil en funcionamento que comezarán a súa actividade o 6 de setembro de 2021 cun tempo máximo de ata once meses e oito horas diarias por cativo.

Ademais, a Consellería de Política Social mantén, por segundo curso consecutivo, a gratuidade total de matrícula e servizos nas escolas infantís de Galicia –incluíndo as municipais, de iniciativa social e privadas– dos segundos fillos e consecutivos tras a súa implantación hai un ano co obxectivo de facilitar a conciliación e axudar ás economías familiares.

Temos unha gran rede de escolas infantís que, ademais de atender axeitadamente aos nosos cativos e contribuír a que comecen paseniñamente coa súa formación, amosáronse como un lugar seguro fronte á covid-19”, explicou o delegado territorial, que tamén puxo en valor a gratuidade para os segundos fillos e sucesivos, “xa que se trata dunha medida pioneira e única en España que amosa o compromiso que temos coas familias, coa súa calidade de vida e co favorecemento da conciliación”. “Creo que é unha medida que apoia de xeito real e práctico ás familias e ademais é máis necesaria ca nunca polos adversos efectos socioeconómicos da pandemia”, indicou o delegado.

Deste xeito, Galicia afrontará o vindeiro curso 2021/2022 de atención infantil cun total de 173 escolas públicas de titularidade autonómica cunha oferta de 10.383 prazas, das que 1.132 pertencen a Pontevedra e a súa contorna, e complementa este servizo de conciliación, nos concellos menos poboados, con case 80 casas niño que roldarán o cento ao longo deste ano coa apertura prevista dunha vintena máis.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones