Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta presenta o To-Miño Fest que terá lugar este sábado no marco dos concertos do Xacobeo

O delegado territorial, Luis López, indicou que e o To-Miño Fest que arranca a súa primeira edición, é unha proba máis do éxito que están a ter os Concertos do Xacobeo por toda Galicia

O delegado territorial, Luis López, indicou que e o To-Miño Fest que arranca a súa primeira edición, é unha proba máis do éxito que están a ter os Concertos do Xacobeo por toda Galicia

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Julio de 2022

Fuente: Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, participou hoxe na presentación do To-Miño Fest que terá lugar neste concello pontevedrés, este sábado, 30 de xullo, no marco dos Concertos do Xacobeo.

Segundo explicou o delegado territorial, o To-Miño Fest que este ano arranca a súa primeira edición, é unha proba máis do éxito que están a ter os Concertos do Xacobeo por toda Galicia, xa que dende que deron comezo en maio fóronse sumando novas incorporacións que acadan xa máis de 350 artistas en máis de 50 localidades galegas.

Luis López valorou a distribución dos diferentes espectáculos culturais, artísticos e deportivos programados nas diferentes vilas e cidades da nosa comunidade, o que  posibilita que todas as comarcas de Galicia poidan achegarse a esta celebración e beneficiarse das distintas propostas.

“Gracias a iniciativas coma estas, nas que xeramos sinerxías con outras administracións, conseguimos a presenza de artistas de renome noso territorio, e con isto promovémolo turística e culturalmente”, manifestou o delegado da Xunta en Pontevedra.

Os Concertos do Xacobeo é unha iniciativa da Xunta dentro das actividades do Xacobeo, que entre os meses de maio e novembro deste ano, mantén unha programación de música en vivo con máis de 100 acontecementos por toda Galicia. Neste programa de concertos participan máis de 350 bandas e artistas nacionais e internacionais de todos os estilos, para todas as idades e para todos os gustos.

O To-Miño Fest terá lugar no recinto de Festas do Alivio e contará coa presenza de artistas como Lerica, La Pantera, Dumore, Anxo Silva, Gabri Alonso e Samu Pexe. As entradas están á venda en https://bcleverapp.com/eventos/pontevedra/tominofest a un precio de 10€ con consumición e segundo fontes da organización esperase unha afluencia de público de 3500-4000 persoas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí