Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta prorroga un mes a extracción de mexilla e adopta medidas para garantir a convivencia pacífica entre bateeiros e percebeiros

Na zona establécense coma zonas sensibles Silleiro, Monte Lourido, Punta Orelluda, Portocelo-Agoeira, Cala da Cetárea, Punta Xinete e Loucenzas e Ribel

Imaxe de arquivo do conflicto o 18 de maio na costa sur da Guarda, onde foi preciso a presenza policial

Fecha: 02 de Junio de 2020

Fuente: Xunta de Galicia

As delegacións territoriais da Consellería do Mar na Coruña e en Vigo veñen de emitir sendas resolucións polas que se amplía ao mes de xuño de xeito extraordinario o período de extracción de semente de mexillón en bancos naturais nas provincias da Coruña e Pontevedra dada a situación de pandemia que se está a vivir e ante as dificultades do sector para atopar mexilla. A autorización emitida polo Executivo galego introduce ademais medidas para garantir a convivencia pacífica entre percebeiros e bateeiros mediante a exclusión de determinadas zonas para a recollida deste recurso.

O período de extracción de semente de mexillón en rocha abarca habitualmente do 1 de decembro ao 30 de abril e dada a situación de alerta sanitaria actual prorrogouse esta actividade ao mes de maio, un período que resultou ser insuficiente para cubrir as necesidades do sector. Consultados os interesados e analizada a situación, a Consellería do Mar decidiu ampliar a extracción ao mes de xuño dadas as circunstancias conxunturais da presente campaña pero con limitacións co obxectivo de defender tanto os intereses dos bateeiros como os dos percebeiros, que comparten zonas de traballo.

Deste xeito, a extracción de mexilla non se poderá realizar no ámbito do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia nin en 16 zonas sensibles para a extracción de percebe, 10 delas na provincia de Pontevedra e seis na da Coruña, que xa lle foron trasladadas a semana pasada tanto ás federacións de confrarías de pescadores como ás asociacións de bateeiros. As zonas que se limitan na zona de Pontevedra son Costa da Vela, Illas Estelas, Punta Boi-Parador, Silleiro, Monte Lourido, Punta Orelluda, Portocelo-Agoeira, Cala da Cetárea, Punta Xinete e Loucenzas e Ribel, mentres que na provincia da Coruña son as de Mera, A Torre, Roncudo, A Barca, Couso e Sagres.

A maiores, tendo en conta a situación de alerta sanitaria pola covid-19 que motiva o outorgamento desta prórroga na extracción de semente de mexillón, o Executivo galego tamén establece medidas de prevención e seguridade para evitar contaxios durante o desenvolvemento desta actividade. Por iso, limita a dez o número de persoas que poden participar ao mesmo tempo na recolleita do recurso na mesma zona, co obxectivo de evitar concentracións e que se poidan manter as distancias de seguridade.

Esta prórroga da extracción súmase a outras medidas extraordinarias xa postas a disposición dos bateeiros para que poidan cubrir a demanda de mexilla como son a opción de ampliar as cordas colectoras de mexilla nas bateas con 50 unidades máis por batea a maiores das 100 que se lle autorizan de maneira habitual e tamén a posibilidade habilitada a través de Portos de Galicia de extraer cría de mexillón no interior dos espazos portuarios.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones