Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta publica a segunda guía DXT Galego que recolle as recomendacións para a motivación de cara as esixencias do partido e unha guía para o adestramento en deportes de equipo

A guía para a volta ao adestramento en deportes de equipo e control do risco de contaxio por coronavirus, elaborada polo catedrático de Educación Física e Deportiva da Universidade de Vigo, Carlos Lago Peñas, incide en adestrar co menor risco posible de c

A guía para a volta ao adestramento en deportes de equipo e control do risco de contaxio por coronavirus, elaborada polo catedrático de Educación Física e Deportiva da Universidade de Vigo, Carlos Lago Peñas, incide en adestrar co menor risco posible de c

Fecha: 04 de Julio de 2020

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia vén de publicar o segundo número das Guías DXT Galego ‘Volvendo con sentidiño’ elaboradas pola Secretaría Xeral para o Deporte e expertos das tres universidades galegas que xa foi enviado a todos os clubs e federacións deportivas de Galicia e pode ser consultado na páxina web do Deporte Galego. Este segundo manual versa sobre as ‘Recomendacións para a aceleración da reactivación e readaptación técnico/táctica do deportista para a súa motivación e achegamento progresivo ás esixencias do partido’. Neste segundo documento continúase a desenvolver o consenso acadado entre o coordinador do proxecto, Rafael Martín Acero, representantes das tres universidades galegas e da Universidad Rey Juan Carlos e de Castilla La Mancha, sobre accións e suxestións para a aceleración da reactivación e readaptación técnico/táctica (perceptivo motoras e cognitivas). Neste sentido, cómpre subliñar a guía para a volta ao adestramento en deportes de equipo e control do risco de contaxio por coronavirus, elaborada polo catedrático de Educación Física e Deportiva da Universidade de Vigo, Carlos Lago Peñas.

Esta devandita guía pretende dar recomendacións claras para a organización do adestramento (como deseñar as sesións, que exercicios hai que propoñer, etc.) nas distintas categorías (iniciación, mozos e adultos). Estes consellos están encamiñados a aumentar a adaptación progresiva do deportista ao que lle esixirá o partido cando se poida volver á competición. Trátase de adestrar co menor risco posible de contaxio e afastándose o menos posible da lóxica interna máis substancial de cada deporte de equipo.

A guía publicada hoxe é a segunda dunha serie que completará o documento único que contribuirá a reactivar os adestramentos e competicións das máis de 300 especialidades deportivas que se practican en Galicia e a recuperar o músculo do deporte galego, así como a plenitude física e psíquica de federacións, clubs e deportistas. A primeira delas, entregada o pasado luns, trata as ‘Recomendacións para a aceleración da reactivación e readaptación técnico/táctica do deportista en busca da súa motivación progresiva para as esixencias da competición’. Proximamente será entregada a terceira, ‘Guía para a volta ao adestramento en deportes de loita/combate, controlando o risco de contaxio por coronavirus’. A cuarta e a quinta, ‘Guía para a volta a competición en deportes de equipo, con adaptacións para o risco de contaxio por coronavirus’ e ‘Guía para a volta á competición en deportes de loita/combate, con adaptacións para o risco de contaxio por coronavirus’, serán entregadas en vindeiras datas.

Guías DXT Galego

As Guías DXT Galego ‘Volvendo con sentidiño’ poñen á disposición de federacións, clubs, profesores e adestradores suxestións con base científica que permitan acelerar a volta á normalidade na práctica da actividade deportiva con toda a seguridade e cumprimento das normativas.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, entende a elaboración deste documento como un novo exemplo do traballo do Goberno galego na busca do “constante apoio e consenso en todos e cada un dos membros desta sólida sociedade da que somos responsables”. Tras un comportamento “escrupuloso” durante os tres meses que tivo vixencia o estado de alarma na nosa Comunidade Autónoma, “a Xunta de Galicia entende que neste momento, garantir a seguridade e a saúde da nosa poboación tamén pasa por recuperar a actividade deportiva”, sentencia.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones