Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Xunta reforza en pontevedra a coordinación policial para a vixilancia, difusión e control da actividade incendiaria na tempada de alto risco

As delegadas territoriais en funcións da Xunta en Pontevedra e Vigo, Ana Ortiz e Marta Iglesias, presidiron a reunión do Comité provincial de Coordinación Policial Antiincendios

As delegadas territoriais en funcións da Xunta en Pontevedra e Vigo, Ana Ortiz e Marta Iglesias, presidiron a reunión do Comité provincial de Coordinación Policial Antiincendios

Fecha: 18 de Junio de 2020

Fuente: Del. Xunta Pontevedra

As delegadas territoriais en funcións da Xunta en Pontevedra e Vigo, Ana Ortiz e Marta Iglesias, presidiron hoxe a reunión do Comité provincial de Coordinación Policial Antiincendios para a campaña de alto risco de incendios forestais que comezará, un ano máis, o vindeiro 1 de xullo. Este órgano está formado por representantes das diferentes forzas e corpos de seguridade do Estado presentes en Galicia, ademais da propia Xunta.

O obxectivo da xuntanza, na que tamén participaron membros da Xefatura Territorial de Medio Rural, da Policía Autonómica, da Garda Civil, da Policía Nacional, de Protección Civil e da Brilat, foi coordinar as actuacións que se levarán a cabo para previr os lumes e loitar contra a actividade incendiaria. A xuntanza de traballo serviu para ultimar os detalles da vixilancia, disuasión e control da actividade delituosa incendiaria con vistas ao inicio da tempada de risco alto de incendios. Así, consonte ao habitual nestas datas, estableceuse unha distribución dos diferentes efectivos sobre o territorio, prestando especial atención a aquelas áreas con maior incidencia deste tipo de actuacións.

A través deste comité faise un seguimento, planificación e reforzo da coordinación das diferentes accións promovidas pola Consellería do Medio Rural e os diversas forzas e corpos de seguridade do Estado (fundamentalmente Policía Autonómica, Policía Nacional e Garda Civil) para loitar contra a actividade delituosa incendiaria, especialmente nas zonas con lumes recorrentes.

Así, durante a reunión, analizouse a situación das Parroquias de Alta Actividade Incendiaria (PAAI) caracterizadas polo número de incendios forestais reiterados (parroquias que tiveron unha media anual de 7 incendios ou máis nos últimos 5 anos) ou por unha gran virulencia dos lumes declarados. Na provincia de Pontevedra existen na actualidade 2 PAAI (Valeixe e Pontellas) en 2 concellos (A Cañiza e O Porriño).

O Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga) mantén este ano as súas liñas básicas de actuación, pero incorpora algunhas novidades como a implementación dun completo e detallado plan de prevención aprobado pola Administración autonómica, que suporá actuar en 46.000 hectáreas e en case 5.800 quilómetros de pistas e estradas galegas.

No marco deste comité, ambas delegadas territoriales apelaron á responsabilidade dos cidadáns para que extremen as precaucións e fixo un novo chamamento á cidadanía para que denuncie calquera actividade delituosa que poida poñer en perigo a nosa riqueza forestal, xa que reiterou que 3 de cada 4 lumes son intencionados.

Neste sentido, lembraron que a Xunta ten a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, destacou que existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

"A coordinación policial, o despregue do exército, os voluntarios, os propietarios, a colaboración cidadá, a chamada gratuíta ao 085, as labores preventivas e o dispositivo de extinción, son algunhas das razóns que van a permitir a consolidación, pouco a pouco, dun cambio de comportamento no que aínda queda moito por facer para reducir os danos mediambientais dos lumes forestais", explicou Ana Ortiz.

Marta Iglesias engadiu que "dende a Xunta solicitamos a colaboración cidadá neste verán, para a detección, coa fin de intervir o mais axiña posible, á que xuntaremos a profesionalidade do colectivo dos bombeiros forestais, que resulta moi eficaz despois de mais de 25 anos de experiencia".

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí