Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta reforza o Servizo de Axuda no Fogar na comarca do Baixo Miño con 6.587 horas máis ao mes durante a alerta sanitaria causada polo covid-19

o concello de A Guarda verá incrementado o número de horas deste servizo ata 1.344 ao mes

O concello de A Guarda verá incrementado o número de horas deste servizo ata 1.344 ao mes. Foto arquivo Infomiño 2018

Fecha: 11 de Abril de 2020

Fuente: Xunta de Galicia

Segundo informou hoxe o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, a Xunta de Galicia reforzou o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) na comarca do Baixo Miño con 6.587 horas máis ao mes provincia para a atención das persoas con necesidades asistenciais. O Goberno galego asume o importe que pagaba habitualmente o usuario, polo que non suporá ningún gasto para este.

En concreto, o concello de A Guarda verá incrementado o número de horas deste servizo ata 1.344 ao mes; O Rosal, 755; Tomiño, 2.374; Tui, 1.412 e Oia, 702 horas.

No conxunto de Galicia, o Goberno galego reforzará este servizo coa asignación de 500.000 novas horas de coidado a domicilio ao mes, das cales 122.000 corresponden aos concellos da provincia de Pontevedra. Unha medida que supón un investimento de 6 millóns de euros ao mes e estenderase durante o tempo que dure a situación de emerxencia sanitaria e de estado de alarma. O obxectivo é proporcionar unha atención profesional a todas aquelas persoas que non eran usuarias do Servizo de Axuda no Fogar, pero poidan precisar a atención nesta situación excepcional.

Neste sentido, priorizaranse os casos máis urxentes detectados polo Programa de Asignación de Recursos, así como as persoas usuarias de centro de día, servizo que desde a declaración de emerxencia sanitaria permanece pechado. Así mesmo, tamén se terán en conta aquelas persoas cunha solicitude de dependencia rexistrada e pendente de ser valorada.

Estas novas horas de axuda no fogar poranse á disposición dos concellos para asignalas a aqueles casos que sexan considerados máis urxentes polo servizos sociais municipais.

Plan de continxencia
A implantación deste SAF extraordinario é unha das medidas que forman parte do Plan social de continxencia aprobado polo Consello da Xunta para dar resposta ás consecuencias que ten a emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus nos colectivos de poboación máis vulnerables, como é o caso das persoas dependentes.

Dentro deste Plan inclúense outras medidas. A primeira consistiu na posta en marcha, desde a semana pasada, dun sistema de seguimento telefónico diario para as 14.400 persoas maiores ou con discapacidade que son usuarias dun centro de día ou ocupacional e que nestes momentos están nas súas casas debido á suspensión da actividade nestes centros. Ademais, ás persoas que o necesitan repárteselle 900 menús semanais nos seus domicilios.

A segunda medida foi a entrada en servizo do teléfono social (900 400 800) para complementar o que xa existe para resolver as dúbidas relacionadas co coronavirus. Neste teléfono aténdese a persoas con dúbidas básicas da vida cotiá nesta situación, persoas que necesiten conversa ou acompañamento, persoas que precisen atención psicolóxica especializada e persoas que estean nunha situación de necesidade ou especial vulnerabilidade. Desde a súa posta en marcha este teléfono xa atendeu máis de 700 chamadas.

A terceira das medidas é a posta en marcha dun un correo electrónico para a detección rápida de situacións de risco, atencionsocialemerxencia@xunta.gal, e para resolvelas da man cos servizos sociais de base. En cuarto lugar, conxuntamente coa Consellería de Educación, o Goberno galego aprobou unha axuda económica para as nenas e nenos que dispuñan dunha bolsa de comedor na súa escola infantil, colexio ou instituto, das que se beneficiarán máis de 51.000 fogares galegos.

Así mesmo, fíxose unha exención das cotas das escolas infantís, centros de día e ocupacionais con financiamento público (públicos, de iniciativa social e concertados) para a metade do mes de marzo, que serán compensados, e todo o mes de abril, que non se cobrarán. E por último, aprobouse a maior orde de axudas da historia de Galicia destinada ás entidades sociais de inclusión social, por un importe de 18,3 millóns de euros.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones