Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta reforza os servizos no Parque Natural do Monte Aloia cunha zona de lecer e biosaudable e a posta en valor da súa senda botánica

O delegado territorial da Xunta, Luis López, supervisa esta actuación, que afianzou o percorrido ao tempo que renovou a súa sinalización e arboretum e tamén creou unha zona de esparcemento cun investimento global de 33.000 ?

O delegado territorial da Xunta, Luis López, supervisa esta actuación, que afianzou o percorrido ao tempo que renovou a súa sinalización e arboretum e tamén creou unha zona de esparcemento cun investimento global de 33.000 ?

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Marzo de 2021

Fuente: Del. Territorial Xunta de Gali

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Vivenda, vén de reforzar os servizos no Parque Natural do Monte Aloia, no concello de Tui, coa creación dunha zona de lecer con xogos infantís e elementos biosaudables e coa posta en valor e mellora da súa senda botánica.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado polo xefe territorial de Medio Ambiente, José Manuel González, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, achegáronse ata o Centro de Interpretación Casa Forestal Ingeniero Areses para supervisar esta dobre actuación, na que se investiron 33.000 euros.

É fundamental manter en perfectas condicións os nosos fitos naturais, como este Parque Natural do Monte Aloia, o primeiro que tivo Galicia coa súa declaración en 1979, tanto polo seu gran valor ambiental, natural e paisaxístico como polo enorme potencial turístico que ten, polo que paralelamente tamén temos que ofrecer servizos e comodidades, respectuosas coa contorna, para os seus visitantes”, explicou o representante autonómico.

A primeira actuación consistiu na posta en valor da senda botánica que parte ao carón do centro de interpretación e na que se procedeu ao reforzo do percorrido con nova pavimentación a base de zahorra e a súa posterior compactación.

Así mesmo, neste paseo mudáronse unha trintena de carteis e paneis informativos, xa que os anteriores estaban obsoletos e quedaron reemprazados por uns novos de alta calidade en vinilo polimérico e materiais antiferruxe. Ademais, tamén se completou o arboretum coa plantación de oito novas especies, orientadas a incrementar os valores naturais e educativos, e se efectuaron outras tarefas de coidados ambientais en todo este espazo.

Por outra banda, a Consellería de Medio Ambiente tamén dotou a esta contorna do lugar de Circos, na entidade local menor de Pazos de Reis pertencente ao municipio tudense, dun parque infantil con xogos para a cativada e outros elementos biosaudables para a realización de exercicios físicos. En concreto, colocáronse un bambán dobre, un xogo educativo de panel e dous balancíns de silueta cun valado perimetral de madeira de 50 metros de lonxitude, mentres que os demais aparellos instalados na contorna permiten as prácticas de volante, cabalo e esquí de fondo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí