Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

A Xunta remata a humanización da contorna das antigas escolas e das vivendas de mestres de Loureza, no Concello de Oia, cun investimento de 88.000 euros

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado pola alcaldesa de Oia, Cristina Correa, supervisou hoxe pola mañá esta actuación, orientada á mellora do espazo público central desta parroquia e cofinanciada ao abeiro das achegas do P

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado pola alcaldesa de Oia, Cristina Correa, supervisou hoxe pola mañá esta actuación, orientada á mellora do espazo público central desta parroquia e cofinanciada ao abeiro das achegas do P

Etiquetas del contenido

Fecha: 16 de Noviembre de 2022

Fuente: Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, vén de rematar as obras de humanización da contorna das antigas escolas e das vellas vivendas dos mestres da parroquia de Loureza, no Concello de Oia, que supuxeron un investimento de 88.000 euros cofinanciado ao abeiro das achegas do Plan Hurbe.

Ante a conclusión dos traballos, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado pola alcaldesa de Oia, Cristina Correa, realizou esta mañá unha visita de supervisión de esta actuación, orientada á mellora do espazo público central desta parroquia co obxectivo de que gañara en estética, funcionalidade e confortabilidade para a veciñanza.

O proxecto consistiu no acondicionamento e restauración da zona para mellorar a súa imaxe, a dotación de novas medidas de accesibilidade e mobilidade, o incremento do espazo para os veciños e a creación dunha praza de uso público. A mesma dotouse de bancos, arborado, vexetación e céspede ao tempo que o resto da contorna incorporou varandas de protección de aceiro e madeira, muros de contención para evitar os efectos de certos puntos de desnivel e pendente e de pequenos muriños de delimitación das parcelas privadas. Finalmente, os accesos foron executados de pavimento en formigón coreado e xabre.

“Colaboramos cunha obra fundamental para rematar a perfecta restauración desta contorna central de Loureza despois de que, en anos anteriores, o Concello de Oia completara a rehabilitación de todos os edificios, que ademais contan cun uso público e social, polo que estamos ante unha actuación que encaixa nas accións de fermosismo e recuperación de espazos públicos que promove a Consellería de Medio Ambiente e, loxicamente, tiña que contar co noso máximo apoio”, explicou o representante autonómico, que puxo en valor que as antigas escolas se destinen a actividades socioculturais e as vellas casas da zona se converteran en vivendas protexidas.

O delegado territorial lembrou tamén que a Xunta “mantén unha liña de colaboración absoluta cos entidades locais” e destacou o “bo entendemento” co Concello de Oia, o que tamén permitiu o investimento de 90.000 euros para a construción dunha pasarela colgante nesta mesma parroquia de Loureza, fundamental para a mobilidade peonil interior e o incremento dos atractivos turísticos, ou a execución doutras obras de recuperación de espazos públicos ao abeiro do citado Plan Hurbe, como a executada anteriormente na contorna da casa consistorial.

Cómpre sinalar que a execución de obras municipais coas achegas do Plan Hurbe ten un financiamento do 70% por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que aportou 61.538 euros a esta mellora da contorna das antigas escolas de Loureza, mentres que o 30% restante foi asumido polo Concello de Oia con fondos propios.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí