Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta remata a mellora de eficiencia enerxética no IES A Sangriña da Guarda coa renovación da carpintaría exterior cun investimento de 250.000euros

A Xunta substituíu as fiestras e as persianas para acadar unha maior confortabilidade térmica no interior e segue coa modernización do centro tras destinar máis dun millón de euros a melloras na última década

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o xefe territorial de Educación, César Pérez, supervisan a actuación, que se completou coa habilitación da antiga casa do conserxe en dúas aulas por seguridade sanitaria

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Febrero de 2021

Fuente: Del. Territorial Xunta de Gali

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de rematar o proxecto de mellora e reforzo da eficiencia enerxética no IES A Sangriña, no Concello da Guarda, coa renovación da súa carpintaría exterior cun investimento de case 250.000€.

Dita actuación foi supervisada esta tarde polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o xefe territorial de Educación, César Pérez, con motivo do remate dos traballos, que pretenden favorecer o illamento e incrementar a confortabilidade térmica no interior para mellorar as condicións lectivas para a comunidade educativa.

A Xunta de Galicia ten un compromiso inequívoco cunha educación pública de calidade e por iso está a desenvolver un plan global de acondicionamento dos centros educativos na provincia de Pontevedra que neste caso beneficiou a este instituto, de case 40 anos, para favorecer as condicións das clases”, explicou Luis López.

Os traballos realizados consistiron na substitución das fiestras e das persianas para acadar un edificio máis eficiente e illado do exterior e que presente unhas mellores condicións térmicas dadas as súas grandes dimensións, xa que conta con dous volumes e tres andares aos que se engaden espazos anexos como os obradoiros, o ximnasio e o pavillón.

Ademais, a actuación completouse coa reforma e habilitación da antiga casa do conserxe en dúas aulas para gañar espazo e responder, de xeito máis axeitado, ao protocolo de seguridade sanitaria fronte á covid-19. Esta obra tivo un orzamento de 40.000€.

Deste xeito, a Consellería de Educación segue co seu proceso de modernización do instituto guardés, no que, ao longo da última década, investíronse máis dun millón de euros en actuacións diversas, como o cambio de cuberta, a renovación das instalacións eléctricas, o reemprazo do sistema de calefacción, a substitución das redes de saneamento ou diversas reformas e redistribución de espazos, entre outras.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones