Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta renova a cuberta e a fontanaría do CEIP Mestre Manuel García de Oia cun investimento de 63.000 euros

O delegado territorial, Luis López, acompañado da alcaldesa de Oia, Cristina Correa, supervisou ambas actuacións, orientadas á mellora da confortabilidade da comunidade educativa e á modernización do edificio

O delegado territorial, Luis López, acompañado da alcaldesa de Oia, Cristina Correa, supervisou ambas actuacións, orientadas á mellora da confortabilidade da comunidade educativa e á modernización do edificio

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Diciembre de 2021

Fuente: Del. Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra

A Xunta, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, vén de rematar as obras de renovación da cuberta e da fontanaría do CEIP Mestre Manuel García, no Concello de Oia, cun investimento de 63.000 euros.

 

Con motivo da finalización dos traballos, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado da alcaldesa de Oia, Cristina Correa, e do xefe territorial de Educación, César Pérez, realizou esta mañá unha visita de supervisión de ambas actuacións, orientadas á mellora da confortabilidade da comunidade educativa e ao proceso de constante modernización do colexio.

 

“Temos un forte compromiso coa educación pública e con dotar das melloras condicións aos centros, polo que facíase precisa esta dobre mellora en Oia atendendo a petición do Concello e do propio colexio”, detallou o representante autonómico, que lembrou que as actuacións educativas estanse a desenvolver nos cinco municipios da bisbarra do Baixo Miño.

 

A renovación da cuberta do CEIP Mestre Manuel García fíxose necesaria, xa que a preexistente sufriu importantes danos como consecuencia dun tornado, que dobrou as pranchas da cuberta nunha superficie de case 300 m² e arrancou as viguetas e os tabiques de sustentación.

 

Ante esta situación, procedeuse á construción dunha nova cuberta, previa retirada dos materiais danados e da súa estrutura. Así, construíuse un novo teito con viguetas ancladas ao forxado de formigón con tirantes de aceiro e coa instalación de panel sándwich de chapa prelacada cun núcleo de espuma de poliuretano.

 

Por outra banda, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade tamén procedeu ao cambio da fontanaría do ximnasio deste colexio, que se atopaba en mal estado polo paso do tempo e pola antigüidade dos materiais, posto que toda a rede era de cobre. Por elo, substituíronse por novas tubaxes de compoñentes inoxidables que se distribuiron polos falsos teitos e polo interior dos baños, o cal outorgaralle máis vida útil, en vez de polo patio como sucedía ata a data.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones