Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta repartiu preto de 8 millóns de unidades de protección no primeiro mes da plataforma loxística Clonegal

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o centro desde o que se distribúe o material adquirido para todo o persoal, agás o sanitario, que participa na contención da pandemia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o centro desde o que se distribúe o material adquirido para todo o persoal, agás o sanitario, que participa na contención da pandemia

Fecha: 02 de Mayo de 2020

Fuente: Xunta de Galicia

A Xunta enviou preto de 8 millóns de unidades de protección aos 313 concellos galegos, ás residencias e centros sociais da comunidade e a pequenas e medianas empresas e autónomos. As entregas realizáronse desde a plataforma loxística Clonegal que o Goberno galego puxo en funcionamento hai pouco máis dun mes.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe este centro loxístico, dende onde se distribúe o material de protección para dar cobertura ás necesidades de todo o persoal involucrado na loita contra a expansión do coronavirus, agás o sanitario. Na súa visita, destacou que o reparto se realiza de xeito centralizado e programado para axilizar o proceso co obxectivo de “abastecer a todas entidades e particulares que pediron apoio á Xunta do material que precisaban e que non podían conseguir cos seus medios”.

Os envíos desde a plataforma lévanse a cabo grazas “á cesión das instalacións e da experiencia loxística” da empresa Jevaso, á que o vicepresidente da Xunta agradeceu a súa “implicación” e puxo como exemplo de todas as entidades que están a colaborar coa Xunta na loita contra a pandemia.

O xerente de Jevaso, Jesús Vázquez, sinalou que a entidade decidiu asumir a petición da Xunta para encargarse da distribución, ao considerar que “todas as empresas e cidadáns deben contribuír na medida das súas posibilidades para saír xuntos da actual situación de crise sanitaria”.

O Goberno galego está a proporcionarlle ás entidades locais elementos cos que o persoal de servizos municipais como Protección Civil, Policía Local ou o Servizo de Atención ao Fogar (SAF) poidan seguir desenvolvendo as súas funcións con seguridade. Así, esta semana os municipios de menor tamaño recibiron o seu décimo envío e as sete grandes urbes o cuarto.

Os concellos galegos, incluídas as cidades, teñen recibido máis de 1,5 millóns de unidades de protección. No caso das sete cidades galegas, trátase de 416.400 equipos de protección individual.

A Xunta realizou ademais esta semana un novo envío ás residencias e entidades sociais galegas públicas e privadas. Trátase da quinta entrega que, xunto coas anteriores, suman 2,2 millóns de unidades.

Entre os elementos enviados inclúense máscaras, luvas, traxes antisalpicaduras, batas, calzas, gorros e pantallas faciais e oculares, ademais de xel hidroalcohólico, lixivia e desinfectante.

Tamén están a recibir material os empresarios e autónomos galegos, xa que a Xunta enviou dende a plataforma Clonegal preto de 4 millóns de máscaras aos clusters e asociacións de empresarios e autónomos galegos. Alfonso Rueda aclarou que Galicia foi a única comunidade en ofrecer unha solución a estes colectivos para que puidesen retomar a súa actividade de forma segura. Ademais, proporcionáronselle ao mesmo prezo ao que o adquiriu a Xunta.

O 90% dos equipos que saen do centro foron subministrados pola Administración autonómica. Por iso, o vicepresidente da Xunta solicitou”unha maior coordinación entre administracións e máis implicación do Estado” coa finalidade de garantir a dotación de material á poboación.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones