Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Xunta salienta o papel fundamental que Pontevedra terá na recuperación do sector turístico galego

O Goberno autonómico presentou hoxe ao tecido empresarial da provincia o Plan de Reactivación cara a nova normalidade aprobado en Consello de Goberno

Resaltou o carácter transversal das máis de 30 medidas desta nova folla de ruta que aspira a converter Galicia nun destino seguro e dar certezas

Fecha: 11 de Mayo de 2020

Fuente: Xunta de Galicia

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e do director do Igape, Juan Cividanes, presentaron hoxe por videoconferencia aos profesionais da provincia de Pontevedra o Plan de reactivación do sector turístico galego fronte ao coronavirus, nun acto no que tamén participaron o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro así como o presidente de Feprohos e secretario do Clúster de Turismo de Galicia, César Sánchez-Ballesteros.

Durante o encontro, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, salientou que a provincia de Pontevedra xogará un papel "fundamental" na recuperación do sector turístico galego. Neste sentido, lembrou que o ano pasado este territorio achegou o 34,5% do total de viaxeiros que chegaron a Galicia e o 40% das pernoitas.

Así pois, o titular de Cultura e Turismo subliñou que o Plan de Reactivación nace coa vontade de atallar as necesidades urxentes do sector como son o mantemento do emprego, a xeración liquidez para particulares e empresas e fomentar o consumo e a reactivación do sector. "O noso obxectivo é acompañarvos e apoiar ao tecido empresarial de Pontevedra e de toda Galicia durante a transición á nova normalidade", destacou.

Explicou ademais que se trata dun plan deseñado en colaboración o sector, recollendo boa parte da súas achegas, e que foi compartido cos representantes doutras administracións obxectivo de acadar sinerxías e optimizar os recursos e políticas públicas das diferentes institucións.

Primeiras medidas
Pola súa banda, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro afondou na transversalidade desta folla de ruta para pór en marcha un Plan que conta cun investimento de 27 millóns de euros e preto de 50 medidas, das que case 30 son referidas ao eido do turismo, coa intención de fomentar o emprego, xerar liquidez e reactivar o consumo.

Recordou que se trata dun plan rápido, do que as primeiras medidas entrarán en vigor en maio, co que a Xunta pretende facer de Pontevedra en particular, e de toda Galicia en xeral, un destino seguro que xere confianza entre os futuros turistas e dea garantías tamén aos residentes. Por iso, como abordou na súa intervención, apoiaranse medidas hixiénico-sanitarias para os establecementos turísticos; reformularase a estratexia de promoción de destino adaptada a este novo contexto sanitario; promoverase un programa de consultoría e asesoramento para as empresas, fomentarase a formación ao sector e se promoverá o turismo interno co iniciativas como o programa de Queda en Galicia, entre outras accións.

Xacobeo 2021
O Plan prevé, ademais, que o Xacobeo 2021 funcione tamén como estímulo da actividade e do consumo para impulsar ás industrias cultura e turística. A aprobación deste plan aliñase coas medidas transversais impulsadas polo Goberno galego para a reactivación da actividade económica tras a crise sanitaria.

Nese sentido, o director do Igape, Juan Cividanes, explicou na súa intervención que a Xunta traballa por minimizar o impacto da crise no conxunto empresarial poñendo en marcha medidas que facilitan a reactivación da actividade de pemes e autónomos, acompañándoos con respostas urxentes que permitan facer fronte ás súas necesidades.

Cividanes destacou que tanto as novas liñas de axudas como os programas que se están a reforzar inciden en apoiar a liquidez dos colectivos empresariais máis vulnerables e os traballadores e promoven a dixitalización como unha das claves do novo entorno económico, ao tempo que inciden en garantir a confianza e a seguridade dos consumidores.

Entre os programas xa activados atópase a liña de préstamos sen intereses destinados a autónomos e pemes e os anticipos a traballadores afectados por un ERTE.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones